Inicio Galicia Xunta e Deputación da Coruña duplican o investimento no novo convenio de...

Xunta e Deputación da Coruña duplican o investimento no novo convenio de comarcalización do parque de bombeiros de Ferrol

0

O pleno do Consorcio Provincial Contraincendios da Coruña aprobou hoxe o novo convenio, que destinará 506.995,10 euros a financiar o servizo

O Pleno do Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento da Coruña aprobou esta mañá o novo convenio co Concello de Ferrol para que o parque da cidade naval dea servizo en materia de emerxencias aos concellos de Ares, Cedeira, Fene, Mugardos, Neda e Valdoviño.

Ningún destes concellos conta con parque propio de bombeiros, xa que a lei establece un número determinado de habitantes ou extensión para esixir a creación dunha instalación deste tipo. O novo convenio terá vixencia ata o 31 de decembro de 2019 e suporá unha achega económica de 506.995,10 € durante 2019 -financiados ao 50% entre a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña- que supoñen duplicar os 218.415 € que se viñan destinando até agora e cos que se garante a continuidade na prestación dun servizo que vén funcionando con bos resultados dende 2013. O convenio terá ademais posibilidade de prórroga ao seu remate.

Leer más:  Dos detenidos en la desarticulación de un punto de venta de cocaína y hachís en un piso de Arteixo (A Coruña)

A Xunta valorou a ampliación e mellora dun convenio que aposta pola comarcalización, un camiño no que Ferrol foi pioneiro e que a Administración autonómica agarda que se poida estender ao resto de cidades galegas proximamente.

Pola súa banda, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacou “a colaboración institucional” que permitiu a aprobación deste novo convenio “que permitirá que os máis de 45.000 veciños destes seis concellos da ría de Ferrol sigan contando durante o vindeiro ano cun servizo cualificado e profesional de asistencia en caso de emerxencia”.

Cesión de parcela no polígono de BértoaNa xornada de hoxe, o pleno do Consorcio aprobou tamén aceptar a cesión gratuíta, por parte do Concello de Carballo, da parcela de 8.256 metros cadrados do polígono industrial de Bértoa sobre a que se asentan as oficinas do Consorcio e o parque de bombeiros de Carballo.

A aceptación desta cesión non trae aparellada ningunha repercusión económica para o Consorcio Provincial, ao tratarse dunha cesión gratuíta e libre de cargas.

Leer más:  Adolfo Domínguez destaca el rejuvenecimiento de su audiencia como factor clave para el crecimiento de la marca en España

- Te recomendamos -