Inicio Galicia Valentín García asiste en Pontevedra ao concerto inaugural de Cantos na Maré

Valentín García asiste en Pontevedra ao concerto inaugural de Cantos na Maré

0

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Agadic apoian o Festival Internacional da Lusofonía dirixido por Uxía que se desenvolve desde hoxe ata o domingo na cidade do Lérez

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu hoxe ao serán en Pontevedra ao concerto inaugural do Festival Cantos na Maré, que apoian o seu departamento e mais a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e que congrega destacados artistas do ámbito lusófono ata o domingo. Teresa Salgueiro, Chico César, Capicúa, Eva RapDiva, Wöyza, Throes & The Shine, Selma Uamusse, Bia Ferreira, Coladera e Mário Lúcio son algúns dos artistas que acompañarán a Uxía, directora artística, nesta renovada edición de 2018 que cambia as súas datas de celebración de xaneiro a outubro e amplía a catro os días de programación.

Así, o cartel da 14ª edición presenta a portuguesa Teresa Salgueiro, ex vocalista de Madredeus; o brasileiro Chico César, un dos primeiros artistas convidados ao festival; a galega Mercedes Peón, para presentar o seu quinto disco, Deixaas; as rapeiras lusas Capicúa e Eva RapDiva, xunto coa galega Wöyza; Throes & The Shine, con rock e kuduro desde Portugal e Angola; a mozambicana Selma Uamusse; a brasileira Bia Ferreira; o proxecto Coladera, liderado polo percusionista brasileiro Marcos Suzano; e o músico e poeta caboverdiano Mário Lúcio, ex ministro de Cultura do seu país.

Leer más:  El 97% de los estudiantes que comienzan el colegio consiguieron una plaza en el centro educativo que habían elegido como su primera opción

A clausura, á que tamén asistirá o domingo 14 o responsable de Política Lingüística, ofrecerá un espectáculo no que participarán varios destes artistas xunto aos integrantes do proxecto Ath-Thurdá, impulsado polo Concello de Évora dentro das accións promocionais para a candidatura desta localidade portuguesa como Cidade Europea da Cultura en 2027. Nel figuran nomes como Kepa Junkera, para alén doutros músicos portugueses como Antonio Bexiga, Beatriz Nunes, Carlos Menezes ou Celina da Piedade. 


- Te recomendamos -