Inicio Galicia Estabilizado un incendio forestal no concello ourensán de San Cristovo de Cea,...

Estabilizado un incendio forestal no concello ourensán de San Cristovo de Cea, parroquia de Vales

0

Según as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa dun lume forestal no concello ourensán de San Cristovo de Cea, parroquia de Vales, que se iniciou esta tarde ás 16,35 horas e que quedou estabilizado ás 21,00 h.

Segundo as últimas estimacións, o incendio afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas. Para extinguir este lume mobilizáronse 1 técnico, 7 axentes, 19 brigadas, 9 motobombas, 2 pas, 8 helicópteros e 3 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.  

Leer más:  Galicia, Euskadi, Asturias y Cantabria unen fuerzas para promocionarse juntas como destinos turísticos sostenibles

- Te recomendamos -