Inicio Galicia Un total de 66 rexións europeas se sumaron a Galicia na declaración...

Un total de 66 rexións europeas se sumaron a Galicia na declaración de apoio ás comunidades pesqueiras ante o Brexit no último ano

0

Galicia foi a primeira rexión europea en asinar esta declaración hai un ano no marco do seminario `Brexit: por que ameaza o sustento das comunidades pesqueiras de toda Europa´, celebrado en Santiago

Desde que Galicia asinou a declaración de apoio ás comunidades pesqueiras ante o brexit hai un ano, un total de 66 rexións europeas con marcado carácter pesqueiro adheríronse a este acordo. A comunidade autónoma galega, a través do presidente Alberto Núñez Feijóo, foi a primeira en facelo no marco dunha xornada celebrada en Santiago o 23 de outubro do ano pasado e organizada pola Alianza Pesquera Europea (EUFA) e a Xunta para analizar os riscos do brexit na pesca.

Esta declaración conxunta defende a importancia da pesca e insta a que esta actividade sexa unha prioridade nas negociacións do brexit co obxectivo de que non sexa utilizada como moeda de cambio. O documento é froito da colaboración entre rexións e sector e ten como obxectivo xuntar aliados de distintos estados membros na defensa de intereses comúns.

Leer más:  Burela (Lugo) será la sede de las jornadas técnicas y el encuentro empresarial Expomar a partir del 8 de mayo

De feito, esta declaración de Santiago foi asinada nun acto no que participaron representantes do sector pesqueiro galego e representantes políticos de Alemaña, Bélxica, Dinamarca, Francia, Irlanda, Países Baixos, Polonia, Suecia e España. Unha xuntanza para defender ante a Unión Europea por un posicionamento que minimice as posibles consecuencias negativas do brexit no sector pesqueiro.

A esta declaración de Santiago, súmase a declaración asinada en Cardiff no mes de novembro do ano pasado na Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas. Este documento recolle o posicionamento e as reivindicacións destas rexións ante o brexit. Neste encontro, no que tamén participou o presidente da Xunta, avaliouse ademais o impacto que terá nas comunidades da Europa periférica e marítima, como Galicia, a saída do Reino Unido da Unión Europea.

A participación de Galicia nestas declaracións de apoio é unha mostra máis do papel activo que está a ter a nivel europeo á hora de defender os seus intereses durante as negociacións entre a Unión Europea e o Reino Unido e ante o novo escenario que se abrirá cando estas rematen. De feito, a comunidade autónoma galega converteuse na primeira rexión europea en trazar unha folla de ruta. Un exemplo deste traballo tamén son os dous informes que encargou a Xunta para avaliar as consecuencias sociais e económicas do brexit para a pesca galega.

Leer más:  Rueda sustituye a la dirección del Sergas e nombra a médicos de familia en dos puestos clave

- Te recomendamos -