Inicio Galicia Tres de cada catro profesionais do marisqueo a pé, das redes e...

Tres de cada catro profesionais do marisqueo a pé, das redes e das fábricas transformadoras e conserveiras son mulleres

0

Nos órganos reitores das confrarías de pescadores de Galicia, a presenza feminina aumentou nun 56% en relación ao ano 2014

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, recoñeceu hoxe o papel da muller no mundo do mar e sinalou que este ano “está sendo un ano importante para reivindicar o liderado das mulleres”. Neste sentido, lembrou que o sector feminino representa tres de cada catro profesionais do marisqueo a pé, das redes e das fábricas transformadoras e conserveiras. Unha evolución, puntualizou, que “segue o seu curso natural”. Fíxoo en Celeiro, no concello de Viveiro, no acto de homenaxe ás mulleres da pesca celebrado no marco das XXIII Xornadas técnicas de difusión do sector pesqueiro.

Ademais puxo de relevo que “a figura da muller do mar está consolidada e que ten unha voz máis forte que nunca nos órganos representativos decisorios e consultivos do sector”. De feito, expuxo, a súa presenza nos órganos reitores das confrarías de pescadores de Galicia, tralas eleccións unificadas celebradas no mes de setembro, aumentou nun 56% en relación ao ano 2014. A conselleira tamén sinalou que a figura feminina representa o 5% do sector da pesca extractiva, con preto de 500 mulleres, e o 25% do sector acuicultor, con aproximadamente 1.500 mulleres.

Leer más:  Galicia, Euskadi, Asturias y Cantabria unen fuerzas para promocionarse juntas como destinos turísticos sostenibles

A maiores, Rosa Quintana lembrou que a Xunta “leva máis de 25 anos traballando pola profesionalización do sector e o recoñecemento dos dereitos da muller mariñeira”. Neste sentido destacou a celebración do I Congreso Internacional de Mulleres da Pesca en Galicia, no que o Goberno central, a Xunta e a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) “reivindicamos a posta en valor do papel da muller no sector, facendo de Galicia o porto base para a creación da gran rede mundial de mulleres do mar”. Ademais neste congreso, ao que asistiron máis de 250 mulleres de todo o mundo, “aprobamos unha declaración institucional pola igualdade de oportunidades no sector”, engadiu.

As xornadasAs Xornadas técnicas de difusión do sector pesqueiro están organizadas pola Organización de Produtores OPP-77 Celeiro en colaboración coa Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Celeiro. Nesta edición este simposio anual celébrase baixo o título Apostando polo Futuro da Pesca e ten como obxectivo a posta en valor da pesca galega e reivindicar o seu liderado.

Para iso, ao longo de onte e de hoxe, as xornadas incluíron 17 intervencións sobre temática multidisciplinar, tratando aspectos como a importancia do peixe como estilo de vida saudable, a análise do mercado, do consumo e de novas tendencias, o brexit, ou o futuro Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, entre outros.

Leer más:  'Contra vento e marea' es una oda a la superación creada por Rebeliom do Inframundo y Fillas de Cassandra

- Te recomendamos -