Inicio Galicia Sanidade realizará unha campaña informativa poboacional para a identificación precoz dunha sospeita...

Sanidade realizará unha campaña informativa poboacional para a identificación precoz dunha sospeita de infarto

0

A Administración sanitaria galega seguirá realizando xuntanzas periódicas para avaliar e actualizar o Programa galego de atención ao infarto agudo de miocardio, que conta con excelentes resultados

A Consellería de Sanidade ten previsto realizar unha campaña informativa poboacional para capacitar a todas as galegas e galegos no recoñecemento de síntomas que poidan identificar de xeito precoz unha sospeita de infarto e así chamen ao 061. Así o dixo o titular da carteira sanitaria do Executivo galego, Jesús Vázquez Almuiña, no acto de inauguración da Reunión anual da Sección de Cardioloxía Clínica da Sociedade Española de Cardioloxía.

Ademais, analizaranse pormenorizadamente todos os factores que determinan os tempos de atención dentro do hospital, co obxectivo de melloralos. O conselleiro lembrou, tamén, que xa se ampliou o horario da sala de hemodinámica da Xerencia do Sergas en Lugo, e estase preparando a posta en marcha da ampliación de horario da de Ourense. Xunto con todo o anterior, Sanidade seguirá realizando xuntanzas periódicas da Comisión Técnica para avaliar e actualizar o Programa galego de atención ao infarto agudo de miocardio, que conta con excelentes resultados, e continuarase coa extensión da ferramenta informática TELEA, plataforma para a telemonitorización de pacientes crónicos no seu domicilio.

Leer más:  'Contra vento e marea' es una oda a la superación creada por Rebeliom do Inframundo y Fillas de Cassandra

O obxectivo da Consellería de Sanidade é estender o TELEA ao 50% dos servizos de atención primaria a finais do 2018, destacando o conselleiro que, entre os perfís dispoñibles, atópanse o de hipertensión arterial e insufiencia cardíaca conxestiva. Esta implantación do TELEA posibilitará un mellor seguimento destes pacientes.

O conselleiro dixo na súa intervención que, en maio de 2015, creouse o Rexistro galego do infarto agudo de miocardio e a Comisión de seguimento, que se encarga de manter o rexistro actualizado, realizar o seguimento da actividade, así como a elaboración dos informes periódicos.


- Te recomendamos -