Inicio Galicia A Xunta invita á sociedade a contribuír no deseño da futura Estratexia...

A Xunta invita á sociedade a contribuír no deseño da futura Estratexia de infraestrutura verde de Galicia a través de máis de medio cento de obradoiros participativos

0

Hoxe celébranse en Ordes os dous primeiros talleres cos que se canalizará o proceso de participación pública para a elaboración do documento

Santiago, 13 de abril 2018.- A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio vén de iniciar un proceso aberto de participación pública para facilitar que diferentes colectivos do ámbito público e privado e a cidadanía en xeral poidan contribuír coas súas achegas ao deseño da futura Estratexia de Infraestrutura Verde de Galicia.

Este exercicio participativo canalizarase a través dun total de 48 obradoiros programados para os meses de abril e maio en 24 concellos, é dicir, a razón de dous en cada municipio. Os primeiros destes encontros comarcais celebraranse hoxe en Ordes e ao igual que o resto, consistirán nun taller de traballo matinal dirixido a representantes políticos e persoal técnico municipal e noutro de tarde, cun formato aberto á poboación en xeral e pensado para que participen asociacións, empresas e calquera persoa particular interesada no tema.

Toda a información relativa a este proceso así como o calendario de obradoiros de abril está dispoñible xa na web infraestruturaverdedegalicia, desde onde as persoas interesadas en participar poderán rexistrar telematicamente a súa inscrición. Así mesmo, se alguén non pode asistir presencialmente, tamén se ofrecerá a posibilidade de realizar achegas mediante un sistema de consulta pública dixital que estará dispoñible na mesma web proximamente.

Leer más:  Amazon inaugurará una estación logística adicional en Cambre (A Coruña)

Coa posta en marcha dos traballos da Estratexia de Infraestrutura Verde de Galicia, a Xunta adiántase a un futuro requirimento do Goberno do Estado en materia ambiental e camiña na dirección sinalada por Europa.

Así, en resposta ao deterioro e á perda de biodiversidade, a Comisión Europea fixo unha comunicación no ano 2013 titulada Infraestrutura Verde co reto de promover nas áreas urbanas e rurais da UE este tipo de instrumentos de planificación de zonas naturais e doutro tipo de elementos para garantir a provisión de servizos ambientais e a protección paisaxística nestas zonas. Neste sentido, a finalidade da futura estratexia é crear unha rede de espazos planificados para ofrecer á poboación unha ampla gama de servizos ambientais.

Neste obxectivo enmárcanse os traballos impulsados pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio a través do Instituto de Estudos do Territorio (IET), que en 2017 comezou a avanzar en colaboración coas Universidades de Santiago de Compostela e de A Coruña no deseño deste documento a través de cinco grupos de investigación de recoñecido prestixio no eido da planificación.

Leer más:  El juez Luís Villares pide retirarse del tribunal del parque eólico en Mondoñedo que criticó cuando era parlamentario

Precisamente, o pasado mes de marzo celebrouse na Coruña unha xornada na que se presentou o resultado dese primeiro traballo de inventariado realizado por estes equipos en colaboración directa co IET. O seguinte paso no que se traballará é definir os criterios de xestión da Infraestrutura Verde, é dicir, cales serán as indicacións sobre como deberían xestionarse estas zonas, que usos se deben promover, e que características deberían cumprir as diferentes actividades.

Neste contexto enmárcanse precisamente os talleres presenciais programados ao longo de abril e maio. Logo dos primeiros obradoiros celebrados hoxe en Ordes, para este mes están previstos outros 12 talleres, dous en cada concello dos que se relacionan a continuación:

LALÍN (PONTEVEDRA)

17 DE ABRIL


- Te recomendamos -