Inicio Galicia Sanidade estuda novas fórmulas contractuais en atención primaria para dar maior estabilidade...

Sanidade estuda novas fórmulas contractuais en atención primaria para dar maior estabilidade laboral a médicos de familia e pediatras

0

Almuiña destaca que o 80% dos médicos de familia que terminaron este ano o MIR están contratados polo Sergas


O Servizo Galego de Saúde está a estudar, no ámbito de atención primaria, o establecemento de novas fórmulas contractuais para dar maior estabilidade e fidelización de médicos de familia e pediatras. Así o avanzou hoxe no Parlamento o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña.

Almuiña incidiu que dende o Sergas se cubren as substitucións dos profesionais, sempre que as necesidades asistenciais o requiren e resulte posible. Así o reflicte o feito de que se esgotan as listas de contratación das categorías de médicos e enfermeiras de atención primaria. “O que demostra que substituímos ata esgotar a capacidade existente, non por límite económico”, dixo o conselleiro.

Durante a súa intervención, o conselleiro sinalou que o 80% dos médicos de familia que remataron este ano o MIR na nosa comunidade están contratados polo Sergas. Tamén subliñou que Galicia, ademais de esgotar a taxa máxima de reposición do 100% establecida por normativa estatal, é a única autonomía que mantivo as convocatorias anuais das OPE, o que permitirá no horizonte 2017-2020 que arredor de 5.000 persoas accedan a una praza estable no Sergas.

Leer más:  Los arrestados en la 'Operación Vodka' distribuían motores de narcolanchas a bandas de la zona del Estrecho

Plan de Estabilidade e OPEO titular da carteira sanitaria lembrou que o déficit de profesionais é un problema que afecta a todo o Sistema Nacional de Saúde e indicou que o seu departamento vén traballando de forma planificada nas últimas lexislaturas tanto en medidas para incrementar a estabilidade como para reter talento e tamén para mellorar as condicións laborais dos profesionais do Sergas.

Tras subliñar que o número de profesionais do Servizo Galego de Saúde incrementouse en 1.544 desde 2008, o conselleiro destacou como un paso importante a sinatura o pasado ano do Plan de Estabilidade do Emprego, no que se plasma o obxectivo de reducir ata un 5% a taxa de eventualidade no Sergas.

Almuiña indicou que en Galicia non só se mantiveron, senón que se incrementaron cuantitativamente as OPE (no ano 2016 a oferta foi de 818 prazas e no 2017 practicamente se duplicaron, ao convocarse 1.616 prazas); e se priorizaron as categorías propias do primeiro nivel asistencial como médico de familia, pediatra de atención primaria e especialista en enfermería familiar e comunitaria. A este respecto subliñou que, no período 2012-2017, o Sergas ofertou 1.358 prazas de médico de familia e enfermería e recordou que o pasado 25 de novembro celebráronse as probas para cubrir 241 prazas de médico de familia.

Leer más:  El Ayuntamiento de Ferrol rectifica y publica nuevamente los pliegos de concursos en castellano y gallego

A nova oferta pública de emprego de 2018, con 1.400 prazas, non só esgota a taxa de reposición do 100%, senón que tamén prioriza a medicina de familia, pediatría de atención primaria, enfermería especialista familiar e comunitaria, enfermería especialista en pediatría e fisioterapeuta.

Incremento prazas MIROutras das medidas adoptadas polo Sergas é o incremento da oferta MIR. Neste 2018 realizouse a maior oferta dos últimos anos con 404 prazas (105 para medicina familiar e comunitaria, 7 máis que en 2017 e 13 máis que no 2016) e solicitouse ao Ministerio de Sanidad o incremento das prazas acreditadas para poder aumentar de 20 a 26.

Tamén se optou pola retención do talento, cunha política de flexibilización da idade de xubilación que permite continuar no servizo activo aos profesionais en todas as categorías e especialidades máis aló dos 65 anos e ata chegar aos 70 anos no 2020. E, coa reforma da Lei de Saúde, introduciuse o concepto de itinerarios profesionais, para fomentar a ocupación de postos de traballo e a cobertura das prazas.

Leer más:  Burela (Lugo) estará presente en 'El Grand Prix del Verano' 2024 junto con otras 13 localidades españolas

O conselleiro tamén lembrou que se efectuaron as primeiras convocatorias conforme ao concurso de traslados aberto e permanente, con 1.806 adxudicacións, das que 293 son médicos de familia; e iniciouse, por primeira vez en Galicia, un sistema ordinario de carreira profesional para todos os colectivos do Sergas, que permitirá máis de 22.000 recoñecementos de grao neste ano, cun pago que se iniciará no 2019, así como o recoñecemento de dous graos da carreira en dous anos.

Finalmente, Almuiña tamén recordou que en outubro pasado Sanidade acordou cos sindicatos a ampliación da carreira profesional ordinaria ao persoal estatutario temporal, o que facilitará que o persoal substituto de longa duración poida optar a nomeamento de interino e, ao mesmo tempo, poida acceder ao sistema de carreira ordinaria. Este acordo beneficiará a uns 1.500 traballadores.


- Te recomendamos -