Inicio Galicia Rosa Quintana destaca a longa tradición do asociacionismo feminino no eido do...

Rosa Quintana destaca a longa tradición do asociacionismo feminino no eido do mar

0


A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou hoxe a longa tradición do asociacionismo feminino en Galicia no eido do mar, principalmente a través das agrupacións de marisqueo. Fíxoo durante a xornada Mulleres da pesca: dereitos, obrigas e responsabilidades, organizada pola Asociación Nacional de Mulleres da Pesca-Anmupesca no concello coruñés de Teo.

Neste sentido, lembrou que na actualidade máis de 20 asociacións forman parte de Anmupesca e que traballan por acadar a igualdade salarial entre mulleres e homes, por mellorar a conciliación da vida laboral e familiar e por dar visibilidade a aqueles sectores ocultos e sen cualificación. Ademais agradeceu a Anmupesca “o seu labor a prol do mar e o seu esforzo para darlle á muller o sitio que lle corresponde no sector e en Galicia”.  

Leer más:  Galicia, Euskadi, Asturias y Cantabria unen fuerzas para promocionarse juntas como destinos turísticos sostenibles

- Te recomendamos -