Inicio Galicia Medio Rural e a Federación Frisona Galega avanzan na mellora da calidade...

Medio Rural e a Federación Frisona Galega avanzan na mellora da calidade dentro do sector leiteiro da nosa Comunidade

0

A conselleira Ángeles Vázquez reuniuse con responsables desta entidade para impulsar a colaboración en materia de control do rendemento leiteiro do gando vacún 

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, acompañada pola directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, reuniuse hoxe con responsables da Federación Frisona Galega (Fefriga). Esta xuntanza de traballo serviu para avanzar en diferentes liñas de traballo relacionadas coa mellora do sector leiteiro galego, en especial no que atinxe á posta en valor da calidade do produto.

Os representantes de Fefriga pediron á Consellería a mellora e ampliación dos controis do leite que leva a cabo o Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (Ligal), para incorporar máis parámetros relacionados coa calidade. Esta información trasládase aos gandeiros para que poidan mellorar a xestión das súas explotacións e repercute tamén nunha optimización do produto que se ofrece ao consumidor final. A conselleira e a directora xeral comprometéronse a trasladar estas demandas aos responsables do Ligal, con vistas a esa mellora xeral do sector lácteo galego.

Leer más:  El PSdeG pide a la conselleira do Medio Rural que se disculpe por sus declaraciones sobre los incendios

Por outra banda, nesta reunión ambas partes afondaron nos traballos incluídos dentro do convenio de colaboración entre a Xunta e Fefriga –como responsable do Centro Galego de Control Leiteiro (Cegacol)– destinado á realización de probas para determinar o rendemento leiteiro do gando vacún dentro do Programa Galego de selección e mellora da raza Frisona, para o período 2016-2019. O orzamento máximo establecido neste acordo é de 2,6 millóns de euros.

Fefriga é a federación que agrupa ás catro asociacións provinciais de control leiteiro (Africor) de Galicia. Xuntas, contan con 2.800 explotacións inscritas en control leiteiro e no libro xenealóxico da raza frisona. O volume total de animais destas granxas está arredor das 290.000 cabezas. Representan aproximadamente o 35% das explotacións que se dedican á produción de leite en Galicia, pero o volume de leite producido rolda o 70% da comunidade.

XabarilNoutra orde de cousas, os responsables de Fefriga trasladaron a súa preocupación, compartida pola Consellería, en relación coa necesidade de preservar o bo status da cabana gandeira galega e, neste sentido, de limitar ao máximo posibles contaxios de enfermidades por parte de especies de fauna salvaxe, caso do xabaril, que na nosa comunidade está nunha situación de sobre poboación que convén controlar, segundo concordan tanto a Xunta coma os representantes desta federación. Este interese é compartido tamén polas instancias europeas, como se puxo de manifesto na última xuntanza do Consello Consultivo de Política Agrícola para asuntos comunitarios, ao que asistiu a propia conselleira do Medio Rural, celebrado o pasado luns na sede do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (Mapama).

Leer más:  Juan Carlos I recibe la visita de la tripulación del 'Bribón' en la residencia de Pedro Campos

- Te recomendamos -