Inicio Galicia Román Rodríguez solicita ao ICTE que se incorporen criterios de igualdade de...

Román Rodríguez solicita ao ICTE que se incorporen criterios de igualdade de xénero nos certificados de excelencia turística

0

O conselleiro trasladou onte ao director do Instituto para la Calidad Turística Española a importancia de ter en conta principios que garantan a equidade entre as persoas traballadoras do sector e favorezan a calidade no emprego


O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, reuniuse onte en Madrid co director do Instituto para la Calidade Turística Española (ICTE), Fernando Fraile, a quen lle trasladou a súa proposta de incorporar criterios de igualdade de xénero nos certificados de excelencia turística. Galicia, dentro do seu modelo de turismo de calidade e comprometido, busca impulsar o fomento de boas prácticas no sector que favorezan a perspectiva de xénero, con selos que atendan á responsabilidade social empresarial.

Como salientou o conselleiro, que estivo acompañado pola directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, a Comunidade galega, cun total de 273 acreditacións, é líder en distintivos Q de Calidade Turística, un recoñecemento que incentiva ás empresas a cumprir unha serie de requisitos. A pretensión da Xunta, en liña coas demandas sociais, sería que no futuro poidan avaliarse tamén principios de igualdade neste eido, con especial atención a aqueles colectivos máis susceptibles de estar en risco por esta circunstancia.

Leer más:  El Sergas aclara que Contas da "recomendaciones" y asegura que el presupuesto aumenta al incluir "nuevas medicaciones"

O obxectivo final é mellorar as condicións de traballo, con medidas de calidade no emprego, facendo fincapé naquelas que poidan afectar ao sector do aloxamento turístico, en particular ás camareiras de pisos, profesionais cuxas reclamacións están a ser escoitadas pola Xunta.

Mandato parlamentarioA xuízo do Goberno galego, que vén colaborando co ICTE nos últimos anos no fomento e implantación deste tipo de certificacións nos seus servizos e infraestruturas turísticas, a ponderación destes principios na súa concesión favorecería a equidade no sector.

Deste xeito, a Xunta avanza ademais no cumprimento do mandato parlamentario derivado da moción sobre emprego no sector turístico aprobada polo Parlamento de Galicia o pasado 4 de decembro. Entre outros aspectos, no texto acordado instábase a reunirse cos representantes do sector para impulsar medidas no ámbito da sensibilización, da formación e da aplicación de criterios de contratación que protexan a colectivos en risco.

Galicia encabeza a clasificación a nivel nacional no número de Q de Calidade Turística por diante de rexións como Andalucía, Comunidade Valenciana ou País Vasco. Ademais, ocupa a primeira posición en ámbitos estratéxicos como as instalacións náutico-deportivas, casas de turismo rural, turismo industrial, turismo activo, balnearios ou establecementos hoteleiros.

Leer más:  La reserva de los embalses gallegos es del 88,16%, lo que supone dos puntos más que la semana anterior

- Te recomendamos -