Inicio Galicia Román Rodríguez, na presentación do libro ?Pardines. cando ETA empezou a matar?

Román Rodríguez, na presentación do libro ?Pardines. cando ETA empezou a matar?

0

A obra lembra á primeira vítima mortal da banda terrorista


O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou esta tarde na presentación do libro Pardines. Cando ETA empezou a matar, en lembranza da primeira vítima mortal da banda terrorista. Durante o acto, celebrado na localidade natal do garda civil asasinado hai 50 anos, Malpica de Bergantiños, o titular do departamento de Cultura da Xunta de Galicia agradeceu especialmente a presenza dos familiares do falecido, así como o labor desenvolvido polas familias das vítimas para acabar con ETA, un fito que cualificou como “un triunfo da sociedade democrática, unha batalla que foi liderada polas familias e as súas vítimas”, e que ten posibilitado “que esteamos a escribir unha nova páxina da nosa historia, marcada polo respecto, pola esperanza e pola liberdade”.

Román Rodríguez quixo, ademais, poñer en valor o traballo realizado polas persoas colaboradoras en Pardines. Cando ETA empezou a matar, un amplo traballo de investigación e compilación que serve como testemuño do nacemento e evolución da banda e dos crimes perpetrados por ela, así como do labor das forzas de seguridade para derrotala. Neste sentido, o conselleiro salientou que este libro supón unha reflexión serena “que nos permite mirar cara adiante e incidir nos valores dunha convivencia social harmónica”.  

Leer más:  (AV) Besteiro llama a la militancia a "reactivar" el PSdeG y anuncia una conferencia política en otoño

- Te recomendamos -