Inicio Galicia Román Rodríguez identifica os valores do deporte cos da Ruta Xacobea na...

Román Rodríguez identifica os valores do deporte cos da Ruta Xacobea na preestrea de ?El Camino acaba en Obradoiro?

0

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, identificou os valores do deporte cos da Ruta Xacobea con motivo da preestrea da IV edición do documental El Camino acaba en Obradoiro, un traballo que recolle a viaxe realizada polo Camiño Portugués do ex xogador de baloncesto Aleksandar ‘Aza’ Petrovic e do seu fillo Marco. Este valores, segundo enumerou Román Rodríguez, son a importancia do esforzo e do compromiso, o compañeirismo, a inclusión, ou a “bandeira do equipo que, igual que a xacobea, é un símbolo que xunta ás persoas baixo un mesmo sentimento”. Tal e como remarcou, “os valores do deporte e os xacobeos invitan ao entendemento entre as persoas, a compartir xuntos as vitorias e derrotas, a compartir o camiño”.

Leer más:  Más de cien personas en Santiago conmemoran la Revolución de los Claveles cantando 'Grândola'

- Te recomendamos -