Inicio Galicia Román Rodríguez destaca ?o talante e talento? do grupo Milladoiro na entrega...

Román Rodríguez destaca ?o talante e talento? do grupo Milladoiro na entrega do premio ?Sanxenxo na historia?

0

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González, participou esta tarde nos xardíns do Pazo Patiño na entrega do galardón Sanxenxo na Historia a Milladoiro.

Na súa intervención, o conselleiro destacou “o talante e talento” amosado pola formación musical durante as súas catro décadas de existencia por escenarios de todo o mundo e subliñou o traballo realizado polo Concello de Sanxenxo, o Foro Galicia Milenio e o Seminario de Estudos Locais na organización das “X Xornadas de historia, cultura e tradicións populares. Sanxenxo na historia”. Neste sentido, Rodríguez rematou a súa alocución lembrando a importancia de coñecer e valorar na súa xusta medida a cultura e as tradicións locais.

Neste acto participaron, ademais do conselleiro, o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, a directora do Seminario de Estudos Locais, Ana Cancela, e un dos integrantes orixinais de Milladoiro que aínda forman parte do grupo, Moncho García.

Leer más:  El primer pleno de la legislatura comienza el martes con Altri, los contratos de la covid y el registro de gallineros

- Te recomendamos -