Inicio Galicia Román Rodríguez clausura o ?I Encontro da Banda sinfónica infantil galega?

Román Rodríguez clausura o ?I Encontro da Banda sinfónica infantil galega?

0

Esta actividade forma parte do “VI Campus Agolada Musical 2018”, que inclúe o “I Encontro da Banda Sinfónica Infantil”, o “I Curso de Música Antiga” e o “XIII Festival Internacional de Percusión, Merzapercusión”, e conta coa colaboración da Consellería de Cultura

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o alcalde de Agolada, Ramiro Varela Peón, clausuraron esta tarde no Auditorio municipal Manuel Costa Casares o “I Encontro da Banda Sinfónica Infantil Galega”, entregándolles aos máis de cincuenta rapaces participantes cadanseu diploma acreditativo.

Esta actividade forma parte do VI Campus Agolada Musical 2018 que se celebra neste municipio pontevedrés entre o 15 de xullo e o 1 de agosto, unha iniciativa na que colaboran a Consellería de Cultura e Educación ?a través da Secretaría Xeral de Cultura?, o Concello de Agolada e a Federación Galega de Bandas de Música.

O conselleiro destacou “o excepcional traballo” da Federación na posta en marcha deste encontro sinfónico, subliñando a súa constante “aposta polo talento e a formación dos músicos galegos desde a mocidade”. Román Rodríguez destacou o papel do municipio agoladés e lembrou a tradición musical nas terras do Deza, “precursoras e referentes na formación musical en Galicia”.

Leer más:  En 2023, el número de personas con dependencia en Galicia baja a 111.929, lo que representa un 4,2% de la población

Agolada, capital da músicaEste concello do occidente pontevedrés estase a converter durante o período estival nun dos epicentros musicais de Galicia grazas ao “VI Campus Agolada Musical 2018”. As actividades comezaron co “I Encontro da Banda Sinfónica Infantil”, continuarán, do 22 ao 27 de xullo, coa celebración do “I Curso de Música Antiga”, e concluirán co “FIP XIII Merzapercusión”, que se celebrará entre o 29 de xullo e o 1 de agosto.

Esta última cita combina o FIP, o Festival Internacional de Música que se desenvolve polas noites, cunha actividade de cariz máis didáctico, o Merzapercusión, que ten lugar ao longo do día e na que van participar un total de 64 alumnos e alumnas. Entre as actuacións previstas no marco desta iniciativa figuran as de Odaiko Percussion Group e Vanesa Muela, Verónica Cagiao ou Pussat. 


- Te recomendamos -