Inicio Galicia A Xunta convoca aos concellos da área de Pontevedra para impulsar o...

A Xunta convoca aos concellos da área de Pontevedra para impulsar o avance da posta en marcha do Plan de Transporte Metropolitano

0

A reunión organizada pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda ten por finalidade debater sobre a proposta de convenio que se entregou aos municipios na xuntanza celebrada o pasado mes de abril

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda vén de convocar os concellos da comarca de Pontevedra a unha nova xuntanza para abordar a posta en marcha do Plan de Transporte Metropolitano nesta área.

A xuntanza está prevista para o vindeiro venres, 27 de xullo, ás 12 horas nas dependencias da Delegación territorial da Xunta en Pontevedra e a ela asistirán a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, o director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, e o delegado do Goberno galego, José Manuel Cores Tourís.

Os municipios implicados no obxectivo da Xunta de activación deste Plan social de transporte son Barro, Bueu, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Marín, Moraña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Sanxenxo, Soutomaior e VilaboaA xuntanza convocada ten como finalidade abordar con eses concellos o borrador de convenio que lles foi entregado na primeira xuntanza, celebrada o pasado mes de abril. Agárdase que, unha vez coñecidos e analizados os beneficios para os veciños dos diferentes municipios da posta en marcha do Plan de Transporte Metropolitano de Pontevedra, así como as estimacións da achega económica que debe asumir cada concello, estes estarán en disposición de realizar observacións e manifestar a súa postura con respecto á activación do Plan.

Leer más:  'Contra vento e marea' es una oda a la superación creada por Rebeliom do Inframundo y Fillas de Cassandra

O Goberno galego mantén así co seu compromiso de traballar para estender a Pontevedra o Plan de transporte metropolitano que xa funciona na Coruña, Ferrol, Lugo, Santiago e Vigo.

Cómpre lembrar que a área metropolitana de Pontevedra presenta a particularidade de que o concello de Pontevedra carece de autobús urbano propio, ao igual que o concello de Ferrol, polo que o servizo se presta con liñas interurbanas de titularidade da Xunta de Galicia.

Plan social de transporteO Plan de Transporte Metropolitano é un programa social impulsado pola Xunta de Galicia que persegue fomentar o uso do transporte publico colectivo ao tempo que axuda, de xeito importante, á economía das familias.

Este plan, que mediante o uso da Tarxeta de Transporte Metropolitano permite descontos medios do 50% nas viaxes interurbanas, achegando a Xunta de Galicia o 80% do financiamento desas bonificacións no prezo do billete e o conxunto dos concellos o 20% restante. A administración autonómica custea tamén as bonificacións adicionais do 15% que se aplican a usuarios frecuentes, aqueles que realicen máis de 40 viaxes nun mes, así como os descontos extra de ata o 50% para familias numerosas.

Leer más:  Formoso espera que Sánchez siga y acusa al PP de rebasar todas las líneas rojas

Especialmente atractiva para os cidadáns é a medida posta en marcha pola Xunta en agosto de 2016: a tarxeta Xente Nova, coa que o transporte interurbano metropolitano é gratis para os menores de 19 anos.

A posta en marcha desta iniciativa é paralela e compatible co proceso aberto para o redeseño do mapa de liñas de transporte por estrada en Galicia para o que se están a celebrar xuntanzas individuais con todos os municipios galegos. 


- Te recomendamos -