Inicio Galicia Román Rodríguez asiste á representación de ?Commedia? no FIOT, que conta co...

Román Rodríguez asiste á representación de ?Commedia? no FIOT, que conta co apoio da Consellería

0

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, asistiu este domingo á entrega do premio Xograr de Outono 2018 ao dramaturgo Manuel Lourenzo, así como á representación do espectáculo Commedia –da compañía Contraproducións– no marco da 27ª edición do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT). Cómpre destacar que o FIOT, Premio Cultura Galega de Artes Escénicas 2018, conta co apoio por parte da Xunta de Galicia que, a través da Agadic, este ano recibe unha axuda de 50.000 euros para o seu desenvolvemento. Así mesmo, Commedia tamén logrou unha subvención á produción escénica da Consellería de 42.498,54 euros, dentro da modalidade de mediano formato.  

Leer más:  La Federación Amigos del Camino de Santiago confía en el proyecto de Altri y solicita no "un impacto neutro, sino positivo"

- Te recomendamos -