Inicio Galicia Raúl Gómez Pato gaña o VII Certame de poesía Xosé M. López...

Raúl Gómez Pato gaña o VII Certame de poesía Xosé M. López Ardeiro coa obra ?Residuos de chamas flamexando?

0

Ao acto de entrega asistiu o director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, e a obra será publicada pola Xunta de Galicia e o Concello de Negreira

Raúl Gómez Pato, co poemario Residuos de chamas flamexando, recibiu hoxe o premio do VII Certame de poesía Xosé M. López Ardeiro nun acto ao que asistiu o director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo. A obra será editada e publicada pola Xunta de Galicia e o Concello de Negreira.

Os traballos presentados a este certame, escritos en galego, son orixinais e inéditos, cunha extensión mínima de 350 versos e máxima de 700. Na presente edición alcanzouse un número de 24 propostas. A finalista foi Ángeles Madriñán González, co título De animais e outros deuses.

O Certame Ardeiro de Poesía, promovido polo Concello de Negreira coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo a través da Dirección Xeral de Políticas Culturais, nace en 2012 para alentar a escrita poética e difundir a creación dos autores e autoras neste xénero. Con estes obxectivos, a Xunta de Galicia apoia tamén outras iniciativas encamiñadas na mesma dirección, como o Premio de Poesía de Carral, o Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón ou o Premio de Poesía Afundación.

Leer más:  El servicio de transporte sanitario urgente de Vigo ha sido adjudicado a Emergencias Sanitarias-Saluser a través de la vía de emergencia

O xurado do certame deste ano estivo formado polo escritor José Antonio Ponte Far, o poeta Xulio López Varcárcel, as profesoras do instituto Xulián Magariños, María Rey e María Sandez, e por Diana Varela.

Os creadores e poemarios premiados en anteriores edicións foron Alturas do Monte Pindo de Rafael Lema, Tántalo de Yolanda López, Caleidoscopio de Andrea Porto Mato, Obituario de Rocío Leira Castro e Ser, corazón e boca de Claudia Castro.

Xosé Manuel López Gómez ArdeiroNado en 1944 en Negreira e finado en Ferrol en 2007, este escritor e poeta foi membro fundador da Sociedade Cultural Afonso Eanes e tamén da ONG Alén Mar. Ademais, participou en diversas iniciativas sociais e culturais. 


- Te recomendamos -