Inicio Galicia Ovidio Rodeiro participou na presentación do libro ?unha matanza esquecida? de Severino...

Ovidio Rodeiro participou na presentación do libro ?unha matanza esquecida? de Severino Fernández

0

Boqueixón (A Coruña), 24 de novembro de 2018.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro Tato, participou esta mañá na presentación do libro do profesor Severino Fernández Abel, “Unha matanza esquecida. Gastrar e Vigo (Boqueixón): Historia dun escarnio durante a Primeira Guerra Carlista”. Na súa intervención destacou a importancia de todos os estudos que Severino Fernández Abel realizou sobre Boqueixón e puxo en valor a súa paixón por aprender, dende ben pequeno, a súa curiosidade innata e o seu apego pola historia e xeografía deste Concello.

Ovidio Rodeiro apuntou que “a historia do autor do libro é a historia de superación dun neno con inquedanzas, dunha familia sen moitos recursos económicos pero cunha idea clara: quen queira estudar que o faga”. “Grazas a ese empeño -continuou- desenvolveu unha ampla traxectoria profesional deixando para próximas xeracións unidades didácticas, proxectos curriculares e sobre todo libros de historia, de gran valor especialmente para os veciños de Boqueixón”. 

Leer más:  La exposición dedicada a la carrera de Roberto Verino finaliza con el diseñador elogiando el papel de las mujeres

- Te recomendamos -