Inicio Galicia A Cidade da Cultura afondou en ?Contornos e contornas? na mellora do...

A Cidade da Cultura afondou en ?Contornos e contornas? na mellora do benestar e aprendizaxe nas escolas a través da arquitectura

0

A xornada transdisciplinar contou con expertos en arquitectura, psicoloxía e pedagoxía


A Cidade da Cultura de Galicia celebrou hoxe a primeira edición de Contornos e contornas. Unha visión transdisciplinar sobre a arquitectura, na que profesionais da arquitectura, psicoloxía e pedagoxía procuraron crear un clima de reflexión e de propostas en común sobre accións e medidas a executar nos recintos educativos para mellorar a habitabilidade, benestar e o clima de aprendizaxe, tirando proveito dos respectivos coñecementos destas disciplinas.

A directora de Acción Cultural da Cidade da Cultura, María Pereira Otero, deulles a benvida aos e ás participantes e salientou que a experiencia da Cidade da Cultura “en convivencia e irmandade” entre programación cultural, emprendemento, tecnoloxía e intercambio social convértea no “lugar axeitado” para celebrar unha xornada como Contornos e contornas —organizada pola xestora cultural ‘taller abierto’— que tivo como cerna incidir nas posibilidades da arquitectura como axente condicionante das actividades humanas e os efectos que o espazo arquitectónico ten sobre o comportamento e benestar das persoas.

Nesta primeira edición, Contornos e contornas centrou o seu obxecto de análise nos recintos educativos, coa intención de que, a través dunha aproximación atenta e detida, se acade un clima de reflexión conxunta entre profesionais da arquitectura e as ciencias sociais. Dúas disciplinas chamadas a entenderse e que evidencian, en máis dunha ocasión, que están máis desconectadas entre si do que deberan.

Leer más:  Un motorista es arrollado por un camión en Ourense y el conductor se da a la fuga

Fronte esta situación, a xornada procurou crear un espazo de debate sobre a necesidade de establecer unha complementariedade efectiva entre disciplinas, rexeitando o tradicional illamento metodolóxico entre arquitectos e profesionais do eido pedagóxico á hora de acometer os proxectos de escola.

Expertos en psicoloxía ambiental, pedagoxía e arquitecturaPara crear este espazo de debate e reflexión interdisciplinar, contouse nas xornadas con Ricardo García Mira, catedrático de Psicoloxía Social na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña (UDC), especializado en Psicoloxía Ambiental; Julia María Crespo Comesaña, doutora en Pedagoxía e mestra de Organización Escolar na Facultade de Ciencias de Educación na Universidade de Santiago de Compostela (USC), e Celestino García Braña, doutor arquitecto e mestre titular de Teoría da Arquitectura na Escola Técnica Superior de Arquitectura da UDC.

Ricardo García Mira arrancou a xornada de Contornos e contornas apuntando, desde un punto de vista científico, as claves físicas e espaciais que inflúen no comportamento social e individual; no desenvolvemento cognitivo; e no estado de saúde mental. Mentres, Julia María Crespo Comesaña incidiu nas necesidades educativas e na súa intervención procurou achegarse a como son os procesos e os elementos que constrúen un ambiente de aprendizaxe.

Leer más:  Adolfo Domínguez destaca el rejuvenecimiento de su audiencia como factor clave para el crecimiento de la marca en España

Pola súa banda, Celestino García Braña abordou no seu relatorio como enfrontarse a un proxecto arquitectónico para un centro educativo; os parámetros baixo os que se executa: o marco conceptual e metodolóxico; ou cales son as relación coas institucións e profesionais docentes.

Contornos e contornas rematou abrindo o debate entre os tres relatores e o público, na mesma liña da súa cerna de crear un clima de reflexión conxunta entre todas as disciplinas, arquitectónicas e sociais, que deben ser tidas en conta nos deseños de espazos arquitectónicos.


- Te recomendamos -