Inicio Galicia Ovidio Rodeiro destaca que os dous obradoiros de emprego de conservación de...

Ovidio Rodeiro destaca que os dous obradoiros de emprego de conservación de montes e de electricidade formarán a 36 alumnos

0

Santa Comba tamén participa noutro curso de formación concedido a Negreira con 20 alumnos de promoción turística e cun investimento de 288.000 euros


O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, asistiu en Santa Comba ao inicio dun dos 3 obradoiros nos que este Concello participa nesta convocatoria de 2018. Concretamente, este municipio organiza e é promotor de dous obradoiros o “Xallas-Barcala-Dubra V” (con Negreira, A Baña e Val do Dubra), de Garantía Xuvenil centrado na conservación e mellora de montes e o “Conecta 2018” (Mazaricos e Dumbría) de carácter dual orientado ao montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión.

Este concello tamén participa no obradoiro dual de Negreira “Xallas-Barcala-Dubra IV” (Santa Comba, A Baña e Val do Dubra) centrado na promoción turística local e información ao visitante. En total, nestes tres obradoiros a Xunta investirá máis de 747.000 euros ofertando en total 56 prazasOvidio Rodeiro destacou “a importancia destes cursos e a boa acollida que teñen entre os alumnos porque o nivel de reinserción laboral é moi alto e en moitos casos os participantes atopan traballo durante a celebracións dos mesmos porque se centran en ámbitos con amplía demanda laboral”. Ademais, engadiu, “as empresas locais xa coñecen o éxito e a boa calidade da formación que se imparte polo que ven estes cursos moi atractivos para atopar xente ben formada nas áreas que lles interesan”.

Leer más:  Sartorius pide "actuar de manera proactiva" frente a la operación de "hostigamiento" a "la democracia" y confía en que Sánchez "resista"

O representante do goberno autonómico informou que os municipios da área de Santiago contarán en 2018 cun total de 11 obradoiros de emprego, 8 deles de carácter dual, onde participarán alumnos e alumnas de calquera idade e 3 de Garantía Xuvenil, para mozos e mozas menores de 30 anos. Mediante estas iniciativas a Consellería de Economía, Emprego e Industria investirá nesta área en políticas activas de emprego 2.624.610 euros.

Os 8 obradoiros duais, cada un con 20 prazas salvo o de Teo, que ten 8, terán lugar en Padrón, compartido con Rois e Dodro; en Negreira, compartido con Santa Comba, A Baña e Val do Dubra; no Pino, compartido con Arzúa; en Ordes, compartido con Frades e Mesía; en Melide, compartido con Boimorto; en Teo en Santiago de Compostela, compartido con Ames e en Santa Comba, compartido con Dumbría e Mazaricos.

Pola súa banda, os obradoiros do Sistema de Garantía Xuvenil, realizaranse en Santa Comba, compartido con Negreira, A Baña e Val do Dubra de 16 prazas; Rois, compartido con Padrón en Dodro de 10 prazas; e Santiago, compartido con Teo de 16 prazas.

Leer más:  Las Xuventudes Socialistas critican que Rueda no haya llegado al máximo en la gratuidad de las matrículas universitarias

Estes obradoiros permitirán que un total de 190 persoas desempregadas se formen nun oficio mentres realizan tarefas en beneficio de espazos e instalacións públicas. Os participantes recibirán un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado. A duración dos obradoiros xerais serán de 9 meses e os de Garantía Xuvenil de 6 meses.

A principal novidade é que os participantes nos obradoiros duais poderán combinar un contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses, e terán despois a posibilidade de contar cun contrato en prácticas, de como mínimo tres meses máis, nunha empresa emprazada no mesmo ámbito territorial e cunha actividade vinculada ás materias do obradoiro. O obxectivo é seguir mellorando o emprego nos concellos galegos, especialmente os do rural, adaptando a oferta formativa ás súas demandas e necesidades de contratación.

A nivel provincial, os 38 obradoiros de emprego que se organizan na Coruña permitirán a formación de 682 alumnos-traballadores, grazas a un investimento de máis de 9,3 millóns de eurosOs obradoiros centraranse na realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten un traballo que, xunto coa formación profesional para o emprego, procure a súa cualificación profesional e favoreza a súa posterior inserción laboral. Esta formación impulsa tamén o emprendemento, xa que os beneficiarios recibirán formación específica que lles permitirá iniciar os seus propios proxectos. 

Leer más:  Dos jóvenes fueron detenidos por vender drogas a las puertas de un instituto de Pontevedra

- Te recomendamos -