Inicio Galicia Os XXIX premios San Martiño recoñecen o labor a prol da lingua...

Os XXIX premios San Martiño recoñecen o labor a prol da lingua de Pereira Valcárcel, Lema Suárez e Uxía

0

 Os tres premiados recolleron hoxe cadanseu galardón convocado pola Asociación Cultural O Brado e polo Concello da Estrada no Teatro Principal estradense

A Estrada (Pontevedra), 13 de novembro de 2018.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na entrega dos XXVIII Premios San Martiño de Normalización ao escritor Manuel Pereira Valcárcel, na modalidade A Estrada e Comarca de Terra de Montes; á cantora Uxía, na modalidade Galicia Enteira, e ao profesor Xosé María Lema Suárez, na de Toda unha vida. O acto de entrega destes galardóns convocados pola Asociación Cultural O Brado e polo Concello da Estrada celebrouse hoxe ao serán no Teatro Principal estradense.

Normal

0

21

false

false

false

ES

X-NONE

X-NONE

/* Style Definitions */

table.

MsoNormalTable {mso-style-name:»Tabla normal»; mso-tstyle-rowband-size:0; mso-tstyle-colband-size:0; mso-style-noshow:yes; mso-style-priority:99; mso-style-parent:»»; mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt; mso-para-margin:0cm; mso-para-margin-bottom:.0001pt; mso-pagination:widow-orphan; font-size:10.0pt; font-family:»Times New Roman»,»serif»;}

 Valentín García agradeceu o traballo “constante a prol do idioma propio de Galicia” dos galardoados e recordou que “desde diferentes lugares e ámbitos de traballo, eles contribuíron a facer do galego unha lingua de futuro, prestixiosa e  culta, valorada dentro e fóra da nosa propia comunidade”.  Ademais do secretario xeral de Política Lingüística, na entrega de premios interviñeron José López Campos, alcalde da Estrada, e as tres persoas premiadas. O acto pechouse coa actuación do grupo de música tradicional Tequexetéldere.  Perfil dos premiados A entrega dos Premios San Martiño de Normalización Lingüística, que convocan desde hai 28 anos a Asociación Cultural O Brado e o Concello da Estrada, estivo precedida pola lectura da acta do Padroado dos Premios, onde se fixeron explícitos os motivos que guiaron a escolla dos galardoados este ano. Así, o poeta estradense afincado en Madrid Manuel Pereira Valcárcel, membro do grupo poético Bilbao, obtivo o galardón pola súa extensa traxectoria literaria e polo labor de promoción e divulgación do noso patrimonio lingüístico e cultural fóra de Galicia.  Con máis de 20 discos publicados en 30 anos de carreira profesional, Uxía é, tal e como explica a resolución do Padroado dos Premios San Martiño, unha das cantantes máis importantes e renovadoras da lírica tradicional e unha das voces que lle puxeron música aos referentes poéticos galegos. O Padroado recoñeceu tamén o seu compromiso coa realidade social e cultural co país, a partir da que traballou para tender pontes no ámbito da lusofonía.  En canto a Xosé María Lema, é académico correspondente da Real Academia Galega e membro do Padroado do Museo do Pobo Galego. Na súa longa traxectoria investigadora, este catedrático de Xeografía e Historia ocupouse de historia da arte, etnografía, lexicografía ou onomástica. O seu labor como articulista mereceu o Premio Manuel Reimóndez Portela (2010) por unha serie de cinco artigos en defensa da lingua galega. Como narrador é autor de Costa do Solpor (2013), Premio da Crítica Galicia de creación literaria 2014, e Costa do Solpor. O regreso da Illa do Tesouro (Xerais 2017).

Leer más:  El partido popular de Galicia apuesta por un modelo lingüístico que promueva el sentido común y la libertad, en oposición al sectarismo y la imposición

- Te recomendamos -