Inicio Galicia Os concellos adheridos á convocatoria centralizada de oposicións á Policía Local xa...

Os concellos adheridos á convocatoria centralizada de oposicións á Policía Local xa poden contratar aos auxiliares

0

Un total de 24 concellos delegaron na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o proceso de selección de candidatos para 109 prazas de auxiliares

Os 24 concellos que delegaron na Xunta as súas competencias para acometer o proceso de selección de auxiliares de policía local xa poden contratar aos candidatos que pasaron as probas e realizaron o curso de capacitación. En total, a través desta vía cubriranse un total de 109 prazas, que foron as vacantes comunicadas polas propias entidades locais.

Durante o mes pasado, realizáronse as probas físicas e teóricas. As persoas que as superaron participaron, durante os pasados días, nun curso de carácter obrigatorio no que abordaron materias como o dereito procesual-penal, policía administrativa, ética e principios básicos de actuación, primeiros auxilios, seguridade viaria e regulación de tráfico.

Logo de rematar esta formación, os candidatos procederon entre onte e hoxe á elección de destinos, polo que os concellos xa poden proceder á súa contratación. Cómpre destacar, ademais, que hai confeccionada unha lista de reservas, polo que se poden cubrir todas as prazas aínda que haxa renuncias.

Leer más:  Publicado el listado definitivo de los 606 admitidos para el concurso-oposición de médico de familia del Sergas

Ademais deste proceso para auxiliares, está previsto que este mesmo mes se publique a convocatoria unificada para a selección de policías locais. Neste caso, os concellos delegaron un total de 39 prazas.

Primeira convocatoria unificadaTrátase do primeiro ano no que a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) centraliza estes procedemento para aqueles concellos que decidan voluntariamente delegar as súas competencias na materia. Ata o de agora, un total de 50 concellos asinaron o convenio de adhesión.

A iniciativa é froito da sinatura dun protocolo de colaboración entre a Vicepresidencia da Xunta e a Federación Galega de Municipio e Provincias (Fegamp), que se plasmou posteriormente coa publicación no DOG do decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración Xeral da Comunidade Autónoma cos concellos galegos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixiantes municipais e auxiliares de policía local.

A posta en marcha deste proceso supón un importante avance que permitirá mellorar a profesionalización da Policía Local, ao tempo que facilita a xestión dos concellos, evitando cargas e posibilitando a cobertura de vacantes e a mellora dos cadros de persoal destes corpos. 

Leer más:  El incendio de Culleredo afectó a las estructuras del garaje y dos bloques de viviendas están sin agua ni luz

- Te recomendamos -