Inicio Galicia Os centros de vacinación internacional do Sergas dispensaron máis de 4.600 vacinas...

Os centros de vacinación internacional do Sergas dispensaron máis de 4.600 vacinas nos cinco primeiros meses do ano

0


Os profesionais dos doce centros de vacinación internacional da Consellería de Sanidade dispensaron un total de 4.665 vacinas durante os cinco primeiros meses deste ano, ambos inclusive. Esta cifra implica un incremento dun 35,3% respecto á actividade no mesmo período de 2017, cando se dispensaron 3.448 vacinas.

Analizando por provincias, foi na da Coruña onde se dispensou o maior número de vacinas, 1.982. Síguelle Pontevedra con 1.189; Lugo con 934 e Ourense con 560.

Por centros, na provincia da Coruña dispensáronse 450 no Complexo hospitalario da Coruña (CHUAC); 1.102 no Complexo hospitalario universitario de Santiago (CHUS); 371 no Complexo hospitalario Arquitecto Marcide, en Ferrol; e 59 no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.

En canto a provincia de Lugo, no Hospital universitario Lucus Augusti (HULA) subministráronse 557 vacinas, 259 no Hospital da Costa en Burela e 118 no de Monforte.

Na provincia de Ourense, no Complexo Hospitalario Universitario (CHUO), dispensáronse 560 vacinas. En Pontevedra administraron 456 no Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP); 550 no Hospital Álvaro Cunqueiro; 175 no Hospital do Salnés, en Vilagarcía de Arousa; e 8 no Hospital do Meixoeiro.

Leer más:  El patronato de la Fundación ”la Caixa” designa a Xavier Brossa Galofré como patrono en representación de la Sebap

Planificación con tempo e recomendaciónsA Dirección xeral de innovación e xestión da saúde pública da Consellería de Sanidade recomenda programar as saídas cun ou dous meses de antelación, especialmente e no caso de visitar áreas tropicais ou subtropicais de maior risco, onde xeralmente as condicións sanitarias son precarias.

No caso de precisar algunha vacina ou medida especial é importante solicitar unha cita con antelación no centro de vacinación internacional máis próximo. Ademais, convén lembrar algunhas recomendacións, sobre todo se se trata de viaxes a sitios tropicais, para evitar insolacións ou deshidratacións. É imprescindible beber moita auga e protexerse con lentes de sol, así como utilizar cremas solares e locións antimosquitos. Respecto á roupa, compre escoller prendas e calzado axeitado segundo o destino e duración da viaxe.

En canto ás comidas, o conveniente é tomar alimentos cociñados, tendo moita precaución coas salsas, peixes ou alimentos con ovo. No consumo de froita, hai que optar sempre pola que se poida mondar e evitar as ensaladas e xeados caseiros, a non ser que se coñeza a súa orixe. Tamén é importante beber auga embotellada e non consumir xeo que non fose preparado con auga segura.

Leer más:  Sanitas presenta la novena versión de 'Healthy Cities'

Doutra banda, no caso de manter relacións sexuais cunha parella non habitual, compre utilizar sempre preservativo para previr enfermidades de transmisión sexual. Tamén convén prestar atención á caixa de urxencias de viaxe e, en caso necesario, levar a medicación recomendada.

Informar ao médico en caso de enfermidadeNa actualidade, millóns de persoas viaxan cada ano dende España ao estranxeiro. Delas un gran número, van a zonas tropicais, lugares onde o risco de determinadas enfermidades é máis alto.

A Consellería de Sanidade lembra que algunhas enfermidades tropicais non se manifestan inmediatamente, e poden presentarse bastante tempo despois do regreso. Deste xeito, no caso de que se necesite acudir ao médico, deberáselle informar de que realizou unha viaxe nos últimos doce meses a unha zona tropical ou país en vías de desenvolvemento.


- Te recomendamos -