Inicio Galicia A obra do edificio xudicial de Pontevedra finaliza a execución da estrutura...

A obra do edificio xudicial de Pontevedra finaliza a execución da estrutura e xa se centra na tabiquería interior

0

A nova infraestrutura poderá albergar ata 28 xulgados

A obra do edificio xudicial de Pontevedra, situado na Parda, afronta unha nova etapa despois de que se finalizara a execución da estrutura. Actualmente xa se está traballando nos tabiques interiores e na sala de vistas piloto. Con respecto á carpintería exterior, estase á espera da súa entrega para proceder ao montaxe.

Os traballos manteñen o ritmo indicado nas últimas previsións anunciadas. Así, tendo en conta as dificultades técnicas atopadas na fase de cimentación, prevese a súa finalización no primeiro semestre de 2019.

Co edificio xudicial da Parda, Pontevedra contará cunha infraestrutura que poderá albergar ata 28 xulgados. Así, ampliará e complementará as infraestruturas actuais, integrándose co actual edificio, xa que ambos inmobles estarán comunicados a través dunha pasarela cuberta, formando un único complexo. O edificio ten 6 andeis sobre rasante. Nos dous primeiros se sitúan as salas de vistas e nos catro seguintes os xulgados, 7 por andel, cun total de 28 xulgados. O edificio baixo rasante ten dous andeis de soto, onde se albergan o aparcamento de uso privado para os traballadores do edificio e os arquivos, así como as salas de instalacións.

Leer más:  La Xunta abre a participación pública o plan de conservación do espazo natural da Torre de Hércules

- Te recomendamos -