Inicio Galicia Os 20 alumnos do obradoiro de emprego de Ribeira e Porto do...

Os 20 alumnos do obradoiro de emprego de Ribeira e Porto do Son formáronse en carpintería e en conservación e mellora de montes

0

O delegado territorial na Coruña, Ovidio Rodeiro, clausurou o obradoiro e destacou o compromiso da Xunta para a creación de postos de traballo estables e de calidade


Porto do Son, 30 de maio de 2018.- Un total de 20 alumnos formáronse nos últimos 9 meses en carpintería e en actividades auxiliares en conservación e mellora de montes, grazas a un obradoiro de emprego, Tahume IV, que percibiu unha achega da Consellería de Economía, Emprego e Industria de 283.000 euros. O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, acompañado polos alcaldes Ribeira, Manuel Ruíz Rivas y de Porto do Son, José Luis Oujo, clausuraron hoxe o programa mixto de formación e emprego.

As prácticas do curso consistiron nunha vintena de actuacións que se realizaron en ambas localidades. As actividades realizadas en materia de conservación de montes consistiron na mellora de masas arbóreas existentes en 7 montes de Ribeira e Porto do Son e a creación doutras novas en parcelas municipais e parques sonenses e de Ribeira. No certificado de carpintería renovouse e fabricouse mobiliario para 5 áreas recreativas de ambos concellos, instalouse unha pasarela de madeira na praia de Coroso e instaláronse mesas con bancadas na finca municipal de Coroso. Ademais, fíxose mantemento do mobiliario urbano en ambos municipios.

Leer más:  Tres personas resultaron heridas en un accidente de vehículos en Paderne (A Coruña) en el que se produjo un choque lateral entre dos coches

Ovidio Rodeiro destacou “o importante esforzo que se está facendo desde a Xunta de Galicia para achegar a formación aos concellos e para ofrecer obradoiros adaptados ás necesidades actuais das empresas”. Neste senso, recalcou que “mellorar a formación en todos os ámbitos permite optar a postos de traballo máis estables e con máis calidade”. O delegado territorial animou a todos os participantes “a aproveitar esta oportunidade porque a formación recibida é a mellor carta de presentación para atopar un emprego. Agora é preciso que teñades unha actitude activa e decidida para afrontar a busca de traballo”.

A provincia da Coruña conta no curso 2017-2018 cun total de 24 obradoiros de emprego, 16 deles de carácter xeral, onde participan alumnos e alumnas de calquera idade e oito de Garantía Xuvenil, para mozos e mozas menores de 30 anos. Mediante estas iniciativas invístense en políticas activas de emprego máis de 5,4 millóns de euros na provincia e participan un total de 440 persoas desempregadas.

Nova convocatoria obradoirosO delegado territorial da Coruña tamén lembrou que están abertas as convocatorias de axudas dos obradoiros duais de emprego e dos específicos para menores de 30 anos, dous programas, que se porán en marcha no mes de setembro, cos que a Xunta prevé incrementar as oportunidades laborais de máis de 2350 persoas desempregadas. O prazo para solicitalas remata o 25 de xuño.

Leer más:  779 kilos de sardina fueron decomisados en Ribeira de un pesquero que excedía el límite de peso de capturas permitido

Poden optar a estas axudas, ao igual que outros anos, as administracións locais (con prioridade os Concellos Emprendedores), asociacións de entidades locais e mancomunidades e, no caso dos duais, tamén, como novidade este ano, as entidades sen ánimo de lucro do ámbito forestal constituídas e rexistradas como asociacións.

Para os obradoiros duais, unha nova iniciativa posta en marcha este ano pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a Administración autonómica destinará en total 29,6M€. Nesta primeira convocatoria, que saíu publicada no DOG a semana pasada, invístense 20,3M€. O obxectivo é poñer en marcha en global 100 programas, que combinarán un contrato de formación e aprendizaxe durante 9 meses e a contratación en prácticas de, como mínimo, tres meses máis nunha empresa emprazada no ámbito territorial onde teña lugar o obradoiro, e sempre que o traballo estea vinculado coas materias que se impartan no programa. O obxectivo é favorecer a empregabilidade de 2000 desempregados galegos, tendo prioridade os obradoiros vinculados oo eido forestal e ao Camiño de Santiago.

Leer más:  La alcaldesa de A Coruña critica a Feijóo de actitud negativa con Sánchez: "Sus declaraciones han sido terribles"

Ata o de agora, os obradoiros de emprego ofrecían ás persoas sen traballo cualificación e un contrato de aprendizaxe durante 9 meses. Agora, ademais, a Xunta apoiará a contratación, como mínimo de 3 meses e a xornada completa, nunha empresa, onde os alumnos e alumnas do obradoiro poderán realizar as súas prácticas. A actuación da Consellería de Economía, Emprego e Industria combina, polo tanto, a formación co desenvolvemento dun traballo efectivo, xa que as persoas beneficiarias disporán dun contrato de traballo e percibirán un salario durante a súa participación nesta actividade.

Con respecto á convocatoria destinada aos obradoiros de emprego dirixidos especificamente á mocidade, a Xunta inviste 3,4M€ para beneficiar a máis de 350 desempregados menores de 30 anos que teñen que estar inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Con este orzamento, prevese a posta en marcha de 22 obradoiros.

Estes programas combinan a formación coa realización dun traballo específico, un contrato de aprendizaxe durante 9 meses.


- Te recomendamos -