Inicio Galicia Ángeles Vázquez recibe á nova directiva de ACRUGA e invítaos a seguir...

Ángeles Vázquez recibe á nova directiva de ACRUGA e invítaos a seguir traballando por consolidar a raza rubia entre a cabana gandeira

0


A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse hoxe en San Caetano coa nova directiva da Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia Galega – ACRUGA, presidida por César Dorado.

Na xuntanza, a conselleira agradeceu o traballo realizado ata o momento por esta asociación e invitou aos novos membros a seguir traballando para consolidar e diversificar esta raza entre a cabana gandeira. Vázquez salientou que a rubia galega é a raza autóctona máis característica da nosa comunidade e que grazas a ela mantense un axeitado equilibrio socio-económico, cultural e mediombiental co territorio. De aí, matizou, a necesidade de intensificar os traballos de selección dos reprodutores e dos apareamentos para recuperar a variabilidade xenética e apuntalar os seus parámetros produtivos característicos.

Leer más:  La Xunta publicará la lista provisional de admitidos en las escuelas infantiles a partir de este lunes

- Te recomendamos -