Inicio Galicia O Tren Lugo Romano realiza a súa primeira saída combinando a visita...

O Tren Lugo Romano realiza a súa primeira saída combinando a visita aos recursos patrimoniais e a oferta termal da cidade

0

Trátase dun dos 12 itinerarios dos Trens turísticos de Galicia, a iniciativa da Consellería de Cultura e Turismo, Renfe e o Inorde que se estenderá ata outubro

O Tren Lugo Romano realizou hoxe a súa primeira saída desta temporada combinando a visita aos recursos patrimoniais e a oferta termal da cidade de Lugo. Trátase dun dos 12 itinerarios dos Trens turísticos de Galicia, a iniciativa impulsada pola Consellería de Cultura e Turismo, Renfe e o Inorde que permite coñecer as catro provincias da man de experiencias que percorren os principais recursos galegos.

O percorrido -que contou coa participación da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro- incorpora na edición deste ano teatralizacións a cargo de actores caracterizados de personaxes históricos que realizan unha serie de aparicións sorpresa ao longo do percorrido. O viaxeiro achégase á cidade da muralla romana, Patrimonio Mundial da Unesco; visitando o Centro de Interpretación da Muralla e o xacemento romano da Domus do Mitreo. A viaxe remata no Balneario de Lugo, onde os participantes poden gozar das súas termas e da súa piscina termolúdica..

Leer más:  La Xunta organiza la celebración oficial de las Letras en A Coruña, ciudad natal de Luísa Villalta

Varias saídas en outubroA edición dos Trens turísticos de Galicia continuará en outubro con melloras e novidades que amplían máis aló do verán o éxito desta experiencia que cumpre xa seis edicións. Inclúense, ademais dunha nova saída do Tren Lugo Romano o 20 de outubro, tamén saídas da Ruta do Viño Monterrei, da Ruta dos Viños de Valdeorras e da Ribeira Sacra, da Ruta do Viño da Ribeira Sacra do Sil ou o Tren Ourense Termal e Versalles Galego.

Os percorridos inclúen viaxes en tren, visitas guiadas e traslados en autobús a un prezo por ruta de 40 euros para adultos (con descontos do 15% para grupos de 10 o máis adultos) e 20 euros para os nenos de entre 3 e 13 anos. Os billetes pódense adquirir na web de Renfe. Amais, pódese atopar toda a información na web Turismo de Galicia ou no teléfono 912 555 912 da Central de Reservas de Trens Turísticos. 


- Te recomendamos -