Inicio Galicia O Programa Xuntos polo Nadal, que reúne a persoas maiores que se...

O Programa Xuntos polo Nadal, que reúne a persoas maiores que se atopan soas, ofrecerá este ano 20 prazas máis

0

Ofértanse 260 prazas para persoas de máis de 60 anos distribuídas do seguinte xeito, 130 na residencia do Carballiño e outras tantas na de Panxón, en Nigrán


A Xunta de Galicia organiza un ano máis o programa Xuntos polo Nadal, que neste ano amplía a súa oferta en 20 prazas máis, ata un total de 260, 130 na residencia do Carballiño e outras tantas na de Panxón, en Nigrán. Esta iniciativa ten o obxectivo de xuntar ás persoas maiores de 60 anos que se atopan soas nesas datas. Na residencia do Carballiño reúnense as persoas de Lugo e Pontevedra e na de Panxón as da Coruña e Ourense.

O programa comezará o 23 de decembro de 2018 e rematará o 7 de xaneiro de 2019. Inclúe aloxamento en habitacións compartidas, manutención en réxime de pensión completa e a participación en actividades de animación sociocultural. Ademais, o programa inclúe o desprazamento en autobús desde diversos puntos de Galicia ata a residencia de tempo libre adxudicada.

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 15 de novembro e deberán ser presentadas nas Xefaturas Territoriais correspondentes. As persoas participantes con ingresos inferiores ao IPREM (537,84 euros/mes) asistirán de forma gratuíta ao programa, mentres que aquelas con ingresos superiores a dito importe contribuirán ao pago da estancia coa achega de 50 euros.

Leer más:  Dos personas fueron liberadas después de que su coche volcara en la AP-9, en O Burgo, Culleredo (A Coruña)

Para a selección dos participantes darase preferencia ás persoas que perderan o seu cónxuxe ou persoa coa que convivisen no últimos anos, teñan máis idade, teñan un menor nivel de ingresos económicos e non participasen no programa Xuntos polo Nadal en pasadas edicións. 


- Te recomendamos -