Inicio Galicia O novo Plan estratéxico de turismo enogastronómico potenciará a tradición culinaria de...

O novo Plan estratéxico de turismo enogastronómico potenciará a tradición culinaria de Galicia e os seus produtos autóctonos

0

O Centro Superior de Hostelería de Galicia acolleu hoxe o acto de concesión deste galardón que recoñece a aposta pola excelencia e a autenticidade na restauración

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, entregou o XVI Premio de Gastronomía Tradicional Lola Torres, que nesta edición recaeu no restaurante Atrio de Cáceres. No acto, que tivo lugar hoxe no Centro Superior do Hostelería de Galicia (CSHG), a responsable autonómica de Turismo avanzou que o novo Plan Estratéxico de Turismo Enogastronómico, no que está a traballar a Xunta de Galicia, potenciará a tradición culinaria da Comunidade así como os seus produtos autóctonos.

Nava Castro felicitou aos gañadores do premio, que recolleron o xefe de cociña de Atrio, Juan Antonio Pérez, e o seu xefe de sala e de adega, José Polo. “Unides os vosos nomes ao doutros cociñeiros que coñecen á perfección a súa materia prima e saben actualizar as súas receitas e manter renovada esa cociña de sempre”, declarou a directora de Turismo, quen estivo acompañada por representantes da Fundación Amigos de Galicia e do Concello pontevedrés de O Grove, impulsores deste galardón xunto a Turismo de Galicia.

Leer más:  La Diputación de Pontevedra rechaza a Sánchez en una sesión en la que el PSOE abandonó acusando al PP de ser "peones de Feijóo"

Neste sentido, lembrou que a gastronomía se sitúa cada vez máis como un dos principais motivos polos que viaxan os cidadáns. En concreto, sinalou que no caso de Galicia, como se pon de manifesto na Estratexia do turismo de Galicia 2020, a gastronomía é a segunda razón pola que os turistas deciden visitar a Comunidade, só superada pola natureza.

Gastronomía galega en cifrasGalicia conta cun enorme potencial neste eido. Como enumerou, suma máis de 300 festas enogastronómicas, 11 restaurantes Estrela Michelin, 22 restaurantes Bib Gourmand que aspiran a incorporarse a esta lista e 37 Soles Repsol en 25 restaurantes. E máis de 50 restaurantes foron certificados en 2017 coa Q de Calidade Turística. Isto supón que o 18% dos establecementos de restauración de España con este recoñecemento sexan galegos.

Todos estes aspectos serán tidos en conta no futuro Plan Estratéxico de Turismo Enogastronómico, no que terá cabida tanto a cociña de vangarda como a máis tradicional, cuxos valores serán enxalzados nesta folla de ruta para o sector, impulsando ao mesmo tempo a competitividade do sector primario. Perseguirase, igualmente, estimular a relación entre a cociña e os centros de investigación e innovación vinculados coa gastronomía, así como as receitas relacionadas con determinadas tradicións, épocas e zonas xeográficas. 

Leer más:  La lista de 500 pequeños municipios que prestarán asistencia a mayores por la Renta ha sido publicada por Hacienda, siendo 50 de ellos en Galicia

- Te recomendamos -