Inicio Galicia A Xunta comparte co Injuve e a Universidade de Vigo a necesidade...

A Xunta comparte co Injuve e a Universidade de Vigo a necesidade de promover hábitos de vida saudables entre a mocidade

0

Vázquez Suárez felicitou aos promotores da actividade pola iniciativa e lembrou que o Plan Estratéxico de Xuventude de Galicia inclúe un eixo transversal de xuventude, saúde e deporte

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, participou esta mañá no acto de inauguración oficial da Xornada Preven-T, que organiza o Injuve (Instituto de la Juventud do Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad) e a Universidade de Vigo, en colaboración coa Xunta de Galicia. A directora, que estivo acompañada do delegado territorial da Xunta, Ignacio López Chaves, gabou aos promotores desta iniciativa por “impulsar hábitos de vida saudables entre os mozos e mozas galegos, un obxectivo para o que sempre terán ao seu carón ao Goberno da Xunta”.

Nesta liña, Vázquez Suárez lembrou que o Plan Estratéxico de Xuventude de Galicia 2014-2016. Horizonte 2020 conta entre os seus eixos de acción co denominado “Xuventude, saúde e deporte”, cuxo obxectivo pasa pola promoción de estilos e hábitos de vida saudables entre a mocidade a través de diferentes iniciativas e programas como o concurso educativo para a prevención do tabaquismo que desenvolven conxuntamente as Consellerías de Sanidade, Educación e Política Social e que dirixido a escolares de primeiro ciclo de ESO, é dicir de 12 a 14 anos, idade na que se dan os primeiros contactos co tabaco, pretende evitar o inicio do seu consumo entre a mocidade galega. Tamén se referiu aos obradoiros que se desenvolven no marco da rede de Centros Quérote +, tanto aos dirixidos aos centros educativos como aos propios concellos. E, ao fío, a directora xeral de Xuventude lembrou que na actualidade, a Xunta de Galicia está a traballar na elaboración do novo Plan Estratéxico de Xuventude de Galicia 2018-2020 “como instrumento de planificación que establecerá o marco de actuación plurianual nas políticas de xuventude na nosa comunidade autónoma e que, unha vez máis, volverá a incluír un eixo dedicado á promoción de hábitos de vida saudables entre os nosos mozos e mozas”.

Leer más:  Mañueco destaca la capacidad de diálogo y el tono moderado de Rueda y reivindica la colaboración entre CyL y Galicia

Finalmente, lembrou que con motivo da conmemoración do Día Europeo da Información Xuvenil, o Museo Pedagóxico de Galicia acollía na mañá de onte unhas xornadas dedicadas á prevención do consumo de alcol e drogas na xuventude e que baixo o título A información na prevención de condutas aditivas tivo como obxectivo concienciar ás persoas que traballan coa mocidade sobre a importancia da información para a prevención.  


- Te recomendamos -