Inicio Galicia O director xeral de Desenvolvemento Rural clausura en Melide o Coloquio Mundial...

O director xeral de Desenvolvemento Rural clausura en Melide o Coloquio Mundial de Xeografía Rural

0

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2018.- O director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, asistiu hoxe en Melide ao acto de clausura do 26º Coloquio da Comisión sobre a Sustentabilidade dos Sistemas Rurais da Unión Xeográfica Internacional que se celebraba estes días en Galicia. A través deste evento, expertos internacionais coñeceron diferentes experiencias agroalimentarias da nosa comunidade (pemento de Herbón, viños das Rías Baixas, castañas en Riós…) e institutos de referencia como o CIAM (Centro Investigacións Agrarias Mabegondo) ou a Fundación Juana de Vega, entre outros.

Neste sentido, Pérez Dubois destacou a “mensaxe” que constituía a columna vertebral desta programación: o feito de crear sinerxías e pontes. “Crear pontes, tanto nas redes agro-alimentarias, como nos usos do solo e das terras, nas actividades rurais, coa incorporación do rural ao uso das novas tecnoloxías, as paisaxes, a cultura, o patrimonio”, declarou Pérez Dubois, que desexou que estes proxectos locais poidan ter aplicación global noutros lugares.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre