Inicio Galicia O conselleiro de Sanidade entrega por segundo ano o diploma de ouro...

O conselleiro de Sanidade entrega por segundo ano o diploma de ouro ao concello de Baiona por ter todas as súas praias libres do fume do tabaco

0

Este ano forman parte da rede un total de 79 praias de 45 concellos, e como novidade inclúense praias fluviais

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, entregoulle hoxe e por segundo ano consecutivo ao alcalde de Baiona, Ángel Rodal, o galardón na categoría de ouro da iniciativa Praias sen Fume da Consellería de Sanidade por ter declaradas sen fume todas as praias do seu municipio. O conselleiro destacou que a Rede Galega de Praias sen Fume está constituída na actualidade por 79 praias de 45 concellos, polo que a poboación destes lugares poderá elixir desfrutar do seu tempo de ocio lonxe do fume do tabaco. O titular da carteira sanitaria sinalou a novidade de que as praias fluviais formen parte da rede.

Tal e como destacou Almuiña, a rede naceu cun fin educativo e de sensibilización social, e recalcou a importancia da conduta dos adultos ante os máis pequenos, como figuras modélicas que son. Un claro posicionamento negativo ante o tabaco fará que moitos mozos non empecen a fumar, xa que a imitación da conduta dos adultos forma parte dos factores causais do inicio.

Leer más:  El PP solicitará al Parlamento gallego que el Gobierno ceda sus recursos materiales y humanos para la gestión del litoral

O conselleiro sinalou que esta iniciativa púxose en marcha no Concello de Baiona no ano 2012, e a positiva resposta da poboación fixo que os anos seguintes outras praias deste municipio se sumaran. No ano 2016 decidiuse ampliar a toda Galicia, nacendo así a Rede Galega de Praias sen Fume.

Almuiña dixo que xa existen tres concellos (Baiona, Corcubión e Rianxo) que teñen todas as súas praias declaradas sen fume, o que os fai merecedores da acreditación máxima que a categoría de ouro.


- Te recomendamos -