Inicio Galicia Miranda transmite ao presidente do Centro Santiago Apóstol de Liechtenstein o seu...

Miranda transmite ao presidente do Centro Santiago Apóstol de Liechtenstein o seu compromiso cos galegos do país

0

O secretario xeral da Emigración mantivo un encontro con Manuel Figueroa, quen dirixe a entidade desde hai preto de vinte anos


O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, transmitiu o seu apoio aos galegos residentes en Liechtenstein, unha das colonias que máis orixinarios da Costa da Morte concentra en Europa. Fíxoo a través do presidente do Centro Español Santiago Apóstol, Manuel Figueroa, quen o dirixe desde hai preto de vinte anos e con quen mantivo un encontro na sede do departamento da Xunta de Galicia na capital galega.

O responsable autonómico trasladou ao representante da entidade o apoio do Goberno galego ás actividades culturais e sociais que organiza no país europeo, que logo de dúas décadas de celebración se teñen convertido nun referente galego de Centroeuropa, tanto pola súa popularidade (atraen mesmo a galegos residentes en países veciños, como Alemaña ou Austria) como pola importancia que ten entre a comunidade galega residente no Principado, que supera as 300 persoas.

Unha inmensa maioría galegaO Centro Español Santiago Apóstol posúe preto de 400 socios, dos que a inmensa maioría son galegos e, destes, a práctica totalidade proceden dos concellos da Costa da Morte, incluíndo as terras carnotás, xalleiras e de Ordes. O propio Manuel Figueroa, orixinario de Muxía, e gran parte da xunta directiva da entidade son exemplos desta peculiaridade do centro, que organiza con regularidade conferencias e outras actividades enfocadas á comunidade galega nun Principado no que o 34 % da súa poboación procede do estranxeiro.

Leer más:  Formoso espera que Sánchez siga y acusa al PP de rebasar todas las líneas rojas

- Te recomendamos -