Inicio Galicia Miranda reúnese co secretario de traballo da Arxentina para estudar posibles vías...

Miranda reúnese co secretario de traballo da Arxentina para estudar posibles vías de colaboración entre ambos gobernos

0

O secretario xeral da Emigración e Horacio Pitrau abriron a porta a novas canles que permitan intercambiar coñecementos e experiencias tanto en materia de educación e emprendemento como de formación en hostalaría e xerontolóxica


O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse en Bos Aires co secretario de Traballo do Goberno da Nación Arxentina, Horacio Pitrau, para abrir posibles vías de colaboración entre Galicia e o país andino. Ambos mandatarios repasaron os programas que o Goberno galego ten en marcha na Arxentina dirixidos aos galegos que residen neste país, tanto a aqueles que queren permanecer nel como a aqueles que desexan retornar á comunidade. Dentro destes programas destacan os de formación, como as Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) e as do ciclo superior de Formación Profesional (cuxo prazo de inscrición mantén aberto a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria), e os de emprego e emprendemento, tanto os deseñadas pola Secretaría Xeral da Emigración como os da Consellería de Economía, Emprego e Industria, todos eles incluídos na Estratexia Retorna 2020.

Leer más:  Eduardo Vigo saldrá de la cárcel el viernes después de ser condenado a casi 14 años por delitos de terrorismo

Durante a reunión, á que tamén asistiron o Delegado da Xunta de Galicia, Alejandro López Dobarro, e o Consejero de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social, José Luís Mira Lema, e o subsecretario de Política Exterior da Arxentina, Gustavo Zlauvinen, Pitrau amosou o interese da Secretaría de Traballo que dirixe en establecer unha canle directa de coordinación co galego para intercambiar coñecementos e experiencias en materia de formación en hostalaría e restauración, e xerontoloxía e xeriatría. O secretario xeral da Emigración comprometeuse a estudar a posibilidade de colaboración e a manter aberta esta vía de comunicación directa.

A piques de comezar un mestrado en GaliciaPrevio a este encontro, o titular do departamento autonómico mantivo unha xuntanza con beneficiarios da segunda convocatoria das BEME procedentes da Arxentina, que están a piques de emprender a súa viaxa cara Galicia para comezar os seus estudos de mestrado nalgunha das tres universidades públicas galegas. O secretario xeral da Emigración invitoulles a gozar e a aproveitar esta experiencia que lles brinda a Xunta de Galicia, que financia estes estudos con achegas de entre 7.000 e 11.475 euros.

Leer más:  Policía vigilaba a Santórum y su entorno desde 9 meses antes del abordaje del buque Karar con 3,8 toneladas de cocaína

- Te recomendamos -