Inicio Galicia Miranda presenta ante os case 80 beneficiarios da Arxentina do "Conecta con...

Miranda presenta ante os case 80 beneficiarios da Arxentina do "Conecta con Galicia" o vídeo institucional dos programas cos que a Xunta achega os galegos do exterior á súa terra

0


Normal

0

21

false

false

false

ES

X-NONE

X-NONE

/* Style Definitions */

table.

MsoNormalTable {mso-style-name:»Tabla normal»; mso-tstyle-rowband-size:0; mso-tstyle-colband-size:0; mso-style-noshow:yes; mso-style-priority:99; mso-style-parent:»»; mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt; mso-para-margin:0cm; mso-para-margin-bottom:.0001pt; mso-pagination:widow-orphan; font-size:10.0pt; font-family:»Times New Roman»,»serif»;}

Bos Aires (Arxentina), 9 de setembro de 2018.- O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, continuou onte á tarde a súa viaxe á Arxentina para manter un encontro no Club Español de Bos Aires con algúns dos beneficiarios procedentes deste país dos programas que o Goberno galego ten en marcha para achegar á súa terra de orixe aos galegos do exterior, tanto aos mozos como aos maiores. Entre os primeiros atópanse os 79 participantes no Conecta con Galicia, unha iniciativa deseñada pola Secretaría Xeral da Emigración para facilitar a convivencia de mozos do exterior cos da Galicia territorial durante dúas semanas, unha das cales se dedica a facer o Camiño de Santiago e a outra, a gozar das actividades náuticas e ao aire libre no complexo xuvenil que a Dirección Xeral de Xuventude ten en Gandarío. O responsable autonómico fixo un oco na súa axenda para facerlles entrega en persoa, acompañado polo delegado da Xunta de Galicia na Arxentina, Alejandro López Dobarro, e o presidente da entidade, José Benito López Carballedo, das Compostelas e o pasaporte, os certificados que acreditan que completaron o Camiño de Santiago no mes de xullo. Dous dos grupos fixérono desde Lugo durante a primeira quincena  de xullo e os outros dous, desde Ourense durante a segunda. Ademais, Miranda aproveitou a xuntanza cos mozos e os seus familiares para presentarlles o vídeo institucional sobre as diferentes actividades e experiencias que viviron grazas aos programas da Xunta de Galicia, e que foi gravado este verán con algúns dos asistentes ao acto. Preto de 70 maiores ultiman a súa viaxe Miranda tamén dedicou parte da tarde a reunirse cos preto de 70 beneficiarios dos Reencontros na Terra procedentes da Arxentina, que están a piques de viaxar a Galicia para redescubrir as súas raíces e poñerse en contacto coa realidade do seu país de orixe mediante actividades que posibiliten o coñecemento da Galicia actual, o encontro coas familias e o intercambio de experiencias co resto das e dos participantes. A idade media deste programa, dirixido a emigrantes galegos, é dicir, nados na comunidade, é moi superior á mínima esixida para poder participar, fixada en 65 anos. O concerto que o conxunto galego Queimán e Pousa ofreceron á noite no salón Imperial do Club Español puxo fin á axenda institucional da xornada do secretario xeral da Emigración, quen hoxe viaxará ata as cidades de Santa Fe e Rosario para visitar os centros galegos alí localizados e manter unha reunión tanto coas súas respectivas directivas como cos seus socios. O vídeo pódese ver nesta ligazón. 

Leer más:  BNG acusa a la Xunta de crear un centro Frankestein en Vigo al mezclar dependientes y personas con trastornos

- Te recomendamos -