Inicio Galicia Miranda dedica a segunda parte da súa viaxe ao Uruguai ás oportunidades...

Miranda dedica a segunda parte da súa viaxe ao Uruguai ás oportunidades laborais e formativas que ofrece Galicia aos galegos do exterior que queiran retornar

0


Normal

0

21

false

false

false

ES

X-NONE

X-NONE

/* Style Definitions */

table.

MsoNormalTable {mso-style-name:»Tabla normal»; mso-tstyle-rowband-size:0; mso-tstyle-colband-size:0; mso-style-noshow:yes; mso-style-priority:99; mso-style-parent:»»; mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt; mso-para-margin:0cm; mso-para-margin-bottom:.0001pt; mso-pagination:widow-orphan; font-size:10.0pt; font-family:»Times New Roman»,»serif»;}

Montevideo (Uruguai), 8 de setembro de 2018.- O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, centrou as actividades da última parte da súa axenda institucional no Uruguai no eido económico, e especialmente nas oportunidades laborais que Galicia ofrece aos galegos do exterior que que queiran retornar. A este último aspecto dedicou parte da sesión que, baixou o título Retorno emprendedor, retorno de talento protagonizou no ciclo de charlas Falando con… que organiza a Asociación Empresarios Galegos no Uruguai. Ao longo da conversa que mantivo coa presidenta da agrupación, Elvira Domínguez, Miranda expuxo as liñas básicas que o Goberno galego ten deseñado tanto a nivel formativo e académico como laboral e de emprendemento para facilitar o regreso aos emigrantes galegos e os seus descendentes que desexen regresar á súa terra de orixe. As Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME), os incentivos para reter o talento investigador e as bolsas para cursar un ciclo superior de Formación Profesional (FP) son algúns destes programas, que están recollidos na Estratexia Retorna 2020. Estas últimas, cuxo prazo de solicitude aínda mantén aberto Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, permitirán a un cento de mozos galegos do exterior obter unha titulación oficial teórica e práctica grazas a achegas de 10.000 euros por cada ciclo, integrado por dous cursos. Esta medida busca que o alumnado poida desenvolver os seus estudos ao longo dos dous cursos do ciclo acolléndose a unha réxime de concorrencia competitiva, para a cal o departamento educativo do Goberno galego mobiliza un millón de euros. O secretario xeral da Emigración tamén expuxo as posibilidades que Galicia ofrece para potenciar o talento emprendedor, tanto a nivel de creación de empresas, como é o caso das Axudas ao Retornado Emprendedor (cuxo prazo aínda está aberto), como de fomento da contratación de traballadores, a través das medidas postas en marcha polas diferentes consellerías e incluídas na Estratexia Retorna 2020. Bolsas de excelencia académica Precisamente ao rematar a sesión, Miranda, acompañado polo delegado da Xunta, Alejandro López Dobarro, e o consejero de Empleo y Seguridad Social da Embaixada de España, Benito Díez Arce, mantivo un encontro cos participantes na segunda convocatoria das BEME procedentes do Uruguai, aos que animou a aproveitar a oportunidade que lles brinda a Xunta de Galicia para completar a súa formación a través dun mestrado nunha universidades pública de Galicia grazas a achegas que oscilan entre os 7.000 e os 11.475 euros en función da duración dos estudos. O responsable autonómico tamén quixo reunirse cos beneficiarios do país que van formar parte da edición do programa Reencontros na Terra, que están a piques de emprender a súa viaxe cara Galicia. Máis de 110 anos de historia Previamente, o secretario xeral da Emigración asistiu á inauguración do pavillón de España na Exposición Internacional, Agroindustrial y Comercial del Prado, ExpoPrado, que este ano celebra a súa 113 edición. Trátase do evento feiral máis importante que se realiza no Uruguai e único das súas características debido á cantidade de público que atrae durante os doce días que dura este punto de encontro de empresarios, produtores, corporacións e autoridades. O acto contou, así mesmo, coa presenza do ministro consejero da Embaixada de España no Uruguai, Ignacio Aguirre de Cárcer González-Quevedo; e o presidente e a xerente da Cámara Oficial Española de Comercio, Industria y Navegación no Uruguai, Fernando Vidal e Carmen Miranda, respectivamente. O último acto do día foi o que tivo como protagonista o Hogar Español de Montevideo, ao quen foron parar todos os beneficios do concerto benéfico que organizou a Federación de Sociedades Gallegas no Uruguai, coa colaboración da Xunta de Galicia, no Parque Social e Polideportivo de Carrasco do Centro Gallego de Montevideo. Tralo recital do grupo galego formado polo Bruxo Queiman e Andrea Pousa, Miranda fixo entrega dun agasallo ao presidente da Federación, Román Nogueira, en conmemoración polo 25 aniversario da agrupación. 

Leer más:  Besteiro asume el control de un PSdeG ansioso ante la decisión de Sánchez

- Te recomendamos -