Inicio Galicia Miranda anima aos socios do Centro Partido do Carballiño a presumir de...

Miranda anima aos socios do Centro Partido do Carballiño a presumir de galeguidade na celebración do seu primeiro centenario

0

O secretario xeral da Emigración asistiu ao acto central de conmemoración dos cen anos de vida da entidade de orixe ourensá, á que entregou unha placa e animou a seguir traballando en prol da colectividade galega


O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, animou os socios do Centro Partido do Carballiño a presumir de galeguidade durante os actos centrais de celebración do seu primeiro centenario, que tiveron lugar na sede da entidade. O titular galego da Emigración, acompañado polo delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, fixo extensiva a súa invitación a todos os galegos de América “nun día de ledicia para Galicia e para todos nós. A conmemoración dun século de vida dunha entidade galega como a do Carballiño ten que ser un motivo de orgullo para todos e cada un dos galegos espallados polo mundo, porque implica que o lazo que nos une a todos a Galicia segue máis vivo ca nunca”.

O acto de conmemoración do centenario, que comezou cunha aperta simbólica cos grupos de baile, música e canto da colectividade, prolongouse ao longo de todo o día e xirou en torno ao xantar popular organizado polos socios da entidade e ás actuacións musicaos do grupo de baile Airiños do Carballiño, entre outras. O programa festivo de hoxe, domingo, pon fin a preto dunha intensa semana de actividades culturais e sociais coas que os socios e as institucións públicas, entre as que se atopa a Secretaría Xeral da Emigración, quixeron celebrar a entrada do Centro Partido do Carballiño no reducido grupo dos centros galegos que contan con máis dun século de vida e esforzo en prol da colectividade galega na Arxentina.

Leer más:  El socialismo gallego se une para apoyar a Sánchez ante el "acoso": "Los demócratas debemos unirnos y actuar"

Reforzar os lazos culturais cos galegos do UruguaiA axenda oficial do levarao mañá ao Uruguai, onde manterá diversos encontros coa colectividade e presidirá a posta en marcha de varias propostas culturais coas que o Goberno galego busca estreitar os lazos que historicamente unen Galicia cos galegos da outra beira do Atlántico. A inauguración dunha exposición sobre o cineasta galegouruguaio Manuel Aris, a do primeiro obradoiro gastronómico galego que se celebra no país, o Saborea Galicia, unha visita á Casa de Galicia e reunións con representantes dos galegos residentes no Uruguai conformarán os actos centrais do programa institucional do titular do departamento galego.


- Te recomendamos -