Inicio Galicia Medio Rural reforza a súa colaboración co concello de Tomiño a prol...

Medio Rural reforza a súa colaboración co concello de Tomiño a prol do seu sector de planta ornamental

0

O conselleiro José González recibiu á alcaldesa deste municipio pontevedrés para analizar as necesidades do seu agro e lembrou que a Xunta destina este ano catro millóns de euros en axudas para as producións vexetais


O conselleiro do Medio Rural, José González, reuniuse este mediodía en San Caetano coa alcaldesa de Tomiño, Sandra González. A xuntanza centrouse en analizar as necesidades e problemas do rural neste concello pontevedrés, con especial atención ao sector da planta ornamental, que ten unha gran importancia neste concello.

Así, o titular de Medio Rural reiterou o apoio do seu departamento a este tipo de cultivos e destacou que Tomiño conta con máis de vinte instalacións de viveiros, cunha actividade principalmente centrada en froiteiras e rosáceas, frondosas, coníferas e ornamentos florais. Neste sentido, José González lembrou que Medio Rural destina este ano catro millóns de euros a unha liña de axudas específica para os produtos vexetais (incluíndo horta e planta ornamental), de xeito que non teñan que competir con outros sectores máis potentes en Galicia como o lácteo ou cárnico.

O conselleiro explicou ademais que o sector da planta ornamental conta en Galicia con arredor de 130 viveiros, dos cales a maior parte (máis do 75%) se sitúan nas provincias da Coruña e Pontevedra. A superficie de cultivo na nosa comunidade é aproximadamente dunhas 900 hectáreas, cunha media de 7 ha por viveiro.

Na reunión abordouse tamén a importancia deste sector e o interese das diferentes administracións públicas –neste caso a Xunta e o Concello– por impulsalo, coa finalidade, entre outros obxectivos, de mobilizar terras de aptitude agraria e loitar contra o abandono do rural, poñendo en valor fundamentalmente zonas de reestruturación parcelaria.

Camiños municipaisXunto con estes asuntos, o conselleiro e alcaldesa avaliaron tamén outros temas de interese para os veciños de Tomiño, como son a mellora de camiños municipais e outras infraestruturas rurais. Neste sentido, José González lembrou que a este concello lle corresponden preto de 60.000 euros dentro do último reparto de axudas do Plan de mellora de vieiros da consellería. Estes fondos destinaranse a poñer en valor os camiños municipais en Goián, Santa María de Tebra, Barrantes, Tomiño e Piñeiro. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre