Inicio Galicia Medio Rural promociona o selo galega 100% entre os peregrinos que percorren...

Medio Rural promociona o selo galega 100% entre os peregrinos que percorren o Camiño Francés ao seu paso por Portomarín

0

A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias repartiu pequenos cartóns de leite e folletos informativos sobre este distintivo de calidade diferenciada entre os camiñantes que transitan por esta vía xacobea


A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, fixo hoxe promoción do selo Galega 100% entre os peregrinos que están a realizar o Camiño Francés ao seu paso polo albergue público de Portomarín (Lugo). A directora xeral fíxolles entrega de minibricks de leite e folletos informativos, co fin de impulsar este distintivo entre os camiñantes nacionais e internacionais.

Neste acto a directora xeral estivo acompañada por varias autoridades, entre elas o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, o alcalde de Portomarín, Juan Carlos Serrano, que é tamén presidente da mancomunidade de municipios do Camiño Francés, o alcalde de Pedrafita, José Luis Raposo, e a alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias.

O selo Galega 100% identifica o leite e os produtos lácteos de calidade diferenciada elaborados con materia prima galega, feitos e envasados na nosa comunidade. A materia prima que se emprega nestes produtos procede exclusivamente de explotacións leiteiras inscritas no Rexistro de Explotacións de Calidade Diferenciada.

Leer más:  Prado dirigirá la campaña gallega y estaría "encantada" de que el PP cuente con Millán Mon y "algunos gallegos más"

Neste acto de promoción, Belén do Campo destacou a “importancia de dar a coñecer esta marca de garantía, posto que lle permite ao consumidor recoñecer un produto de alta calidade e, ademais, o seu consumo redunda en beneficio económico para o sector lácteo galego”.

A directora xeral sinalou tamén que esta promoción estenderase coa entrega de pequenos cartóns de leite Galega 100% nos 20 albergues públicos do Camiño Francés en Galicia, situados nos concellos do Cebreiro, Triacastela, Samos, Sarria, Paradela, Portomarín, Monterroso, Palas de Rei, Melide, Arzúa e O Pino. Tamén se repartirán nas oficinas de turismo destes 11 concellos que se adheriron á campaña, feito que a representante de Medio Rural agradeceu.

Outras actividadesEsta acción de promoción de Galega 100% no Camiño de Santiago complementa as actividades levadas a cabo nos últimos meses por parte da Xunta para fomentar o consumo deste leite en toda a comunidade autónoma. Así, en diferentes puntos de Galicia programáronse varias charlas divulgativas sobre a marca dirixidas a asociacións de amas de casa, consumidores e usuarios; diversas visitas a explotacións de vacún de leite e o reparto de minibricks en eventos deportivos, feiras agroalimentarias, actividades escolares e outros actos con importante afluencia de público. 

Leer más:  'Contra vento e marea' es una oda a la superación creada por Rebeliom do Inframundo y Fillas de Cassandra

- Te recomendamos -