Inicio Galicia Medio Rural organiza unha xornada de degustación e maridaxe de augardentes e...

Medio Rural organiza unha xornada de degustación e maridaxe de augardentes e licores tradicionais de Galicia en Cambados

0

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria asistiu a este evento, que xa vai pola súa sexta edición

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Manuel Rodríguez, asistiu esta tarde en Cambados á xornada promocional dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, que organiza a Consellería do Medio Rural neste concello pontevedrés. Trátase da sexta edición deste evento no que se maridan os produtos da destilación cos da gastronomía galega, promocionando así os selos de calidade da nosa comunidade.

No evento desenvolveuse o obradoiro “A maxia da Augardente de Galicia” e diversos expertos en coctelería e cociña elaboraron receitas e bebidas coa base destes produtos espirituosos. Porén, os participantes tamén puideron apreciar os matices aromáticos que aportan as castes autóctonas a estes produtos, en especial no oruxo, nun túnel onde se organizou unha cata de augardentes e licores sen mesturas de ningún tipo.

Datos da IXPA Indicación Xeográfica Protexida (IXP) das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia engloba a augardente/oruxo, augardente de herbas, o licor de herbas e o licor café. Segundo os últimos rexistros, en 2017 estaban inscritos un total de 132 produtores, 30 destiladores e 43 elaboradores e envasadores. A produción cualificada foi de 330.279 litros, o que supuxo un valor económico de 3.724.070 de euros. 

Leer más:  La vacunación contra el VRS en Galicia ha reducido un 80% los ingresos de bebés, evitando alrededor de 400 casos

- Te recomendamos -