Inicio Galicia Medio Rural eliminou máis de 370 toneladas de pataca desde que se...

Medio Rural eliminou máis de 370 toneladas de pataca desde que se detectou en 2015 a praga da couza guatemalteca

0

A conselleira Ángeles Vázquez explicou no Parlamento que malia case duplicar no 2017 o número de trampas (pasouse de 800 en 2016 a 1.500 o pasado ano) capturáronse en toda Galicia un 40% menos de individuos do insecto

A Consellería do Medio Rural leva recollidas nas zonas infestadas un total de 370 toneladas de tubérculo para a súa destrución desde que se detectou en Galicia a presenza da couza guatemalteca da pataca no ano 2015. A maior parte delas (315) recolléronse o pasado ano, segundo informou no Parlamento a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez.

A titular de Medio Rural explicou que malia case duplicar no 2017 o número de trampas (pasouse de 800 instaladas en 2016 a 1.500 o pasado ano) capturáronse en toda Galicia un 40% menos de individuos do insecto (pasouse de capturar 16.000 a 9.500). Deu conta ademais do operativo de recollida organizado pola consellería para facer fronte a este problema, que está dotado con 20 furgonetas, 40 operarios, dous técnicos e dous coordinadores provinciais, cun investimento que só no ano 2017 aproximouse aos 1,3 millóns de euros.Ángeles Vázquez destacou que nestes traballos “a axilidade da consellería foi máxima, actuando desde o primeiro momento”. Así, xa en 2015 estableceu unha serie de medidas urxentes, tales como prohibir a comercialización e saída de tubérculos producidos nas zonas demarcadas, colocar trampas de feromonas de captura de adultos, realizar tratamentos fitosanitaros nas parcelas afectadas, obrigar a usar unicamente semente certificada libre de praga e recoller e destruír todas as patacas danadas e dos restos de colleita.

Leer más:  Prado dirigirá la campaña gallega y estaría "encantada" de que el PP cuente con Millán Mon y "algunos gallegos más"

A continuación, dixo tamén a conselleira, seguiuse actuando para controlar a praga, reforzando a vixilancia en todo o territorio de Galicia. Así, colocáronse redes de trampeo nas zonas infestada e tampón, así como nas principais áreas produtoras de pataca e no resto do territorio galego, principalmente nas zonas con tradición de cultivo de tubérculo, para coñecer, en todo momento, a posible presenza desta praga.Ángeles Vázquez sinalou tamén que todos estes labores complementáronse con multitude de charlas informativas para os interesados, coa obriga de declarar, por parte dos propietarios, as parcelas sementadas e co control do movemento de pataca producida en zona infestada, dentro dela e entre esta e a área tampón (cordón de seguridade) por parte dos corpos e forzas de seguridade do Estado.

Neste sentido, a conselleira salientou que con todo este paquete de medidas Galicia é aínda máis restritiva que o que establece a normativa estatal e doutras comunidades no control da praga, co obxectivo de deter a súa expansión e, sobre todo, para evitar que chegue a zonas de produción e especialmente a áreas da Indicación Xeográfica Protexida “Pataca de Galicia”.

Leer más:  La pensión media en Galicia aumenta un 5,15% en abril, llegando a los 1.072 euros, aunque es 180 euros menor que la media nacional

MuxíaEn Muxía, o último concello no que se detectou a presenza do insecto, comezou hoxe, precisamente, a recollida de pataca, tras a posta en marcha durante os dous últimos días do dispositivo informativo para comunicar o percorrido das furgonetas nas que se trasladarán os tubérculos. Nesta primeira xornada recolléronse máis de 8 toneladas e a Consellería do Medio Rural agradece a colaboración veciñal, que facilitou todo o proceso.

O operativo de recollida empezou pola parroquia de San Martiño de Ozón, onde se detectaron os positivos. Polo de agora, seguen sen rexistrarse novas incidencias en canto á aparición do insecto neste municipio coruñés, tras a localización dos primeiros casos en marzo pasado. 


- Te recomendamos -