Inicio Galicia Medio Rural e o Concello de Padrenda reforzan a súa colaboración na...

Medio Rural e o Concello de Padrenda reforzan a súa colaboración na prevención e defensa contra os incendios

0


A Consellería do Medio Rural e o Concello de Padrenda reforzarán a súa colaboración en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais. Así o acordaron a titular do departamento da Xunta, Ángeles Vázquez, e o alcalde deste municipio ourensán, Manuel Pérez, nunha xuntanza de traballo en San Caetano.

En relación con esta materia, a conselleira comprometeuse a estudar a proposta do rexedor de incorporar maquinaria para a prevención de lumes, concretamente un tractor para a roza, no marco das convocatorias de axudas que realiza o seu departamento con carácter anual.

Leer más:  Galicia extiende la protección contra el neumococo a 15,000 bebés nacidos en 2022 mediante la vacuna de 20 valencias

- Te recomendamos -