Inicio Galicia Medio Rural destaca que o sector da construción representa unha clara oportunidade...

Medio Rural destaca que o sector da construción representa unha clara oportunidade de negocio para a madeira de piñeiro

0

Os expertos que participaron no encontro salientan a previsión de aumento da demanda do seu uso na sociedade en xeral


O sector da construción representa unha oportunidade de negocio na actualidade e no futuro para a madeira de piñeiro galego, máis tendo en conta a previsión de aumento da demanda do seu uso na sociedade en xeral. Así se puxo de manifesto na xornada “A madeira é presente e futuro. Construción en madeira de piñeiro na era da bioeconomía”, organizada pola Consellería do Medio Rural e que tivo lugar no Centro de Investigación Forestal (CIF) de Lourizán, en Pontevedra, que depende deste departamento da Xunta.

No foro, que foi inaugurado polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez, participaron investigadores do propio CIF Lourizán, das universidades de Vigo e Santiago de Compostela e outros expertos de diferentes entidades públicas e privadas.

Así, na xuntanza analizáronse os caracteres hereditarios dos piñeiros galegos nos programas de mellora xenética do CIF Lourizán, especialmente no que atinxe ao seu crecemento en volume e rectitude, así como os relacionados coa calidade tecnolóxica, como son o módulo de elasticidade e densidade. Todo isto orientado á construción, que constitúe, segundo os expertos, un importante nicho de mercado para a madeira de piñeiro.

Leer más:  La comunidad científica está preocupada por la contaminación de los suelos gallegos debido al uso de antibióticos en el ganado

O encontro, organizado polo CIF Lourizán, tivo como destinatarios a propietarios forestais, representantes de comunidades de montes veciñais en man común, técnicos da administración e de empresas forestais, titulados de ciclos formativos da rama agroforestal e público en xeral.

Esta xornada técnica, que contou tamén coa presenza do director do centro de Lourizán, Enrique Martínez Chamorro, celebrouse no marco do Plan de transferencia para o apoio ás actividades de demostración e de información ao agro galego 2018 de Agacal, que está cofinanciado nun 75% con fondos Feader da Unión Europea.


- Te recomendamos -