Inicio Galicia Cultura e Turismo pon en marcha obradoiros formativos para afondar nas oportunidades...

Cultura e Turismo pon en marcha obradoiros formativos para afondar nas oportunidades empresariais na atención ao peregrino

0

Tras o seu paso por Portomarín, está aberto o prazo para participar na sesión que terá lugar o vindeiro xoves 27 no salón de actos do Concello de Fisterra


A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia Turismo de Galicia, vén de poñer en marcha diferentes obradoiros formativos sobre as oportunidades empresariais na atención aos peregrinos. Trátase dunha iniciativa formativa que se está a desenvolver en diferentes xeodestinos e concellos vinculados co Camiño de Santiago coa intención de ofrecer as ferramentas necesarias para un servizo de calidade.

Tras o seu paso polo concello de Portomarín, o vindeiro curso desenvolverase o xoves 27 no salón de actos do Concello de Fisterra, no que poderán participar todos os profesionais que de xeito directo e indirecto estean en contacto ou dean servizo a turistas e peregrinos. Inclúense tanto persoal de servizos hostaleiros como profesionais de servizos vinculados ao turismo, transporte, guías turísticos ou persoal de oficinas de información turística, entre outros.

Os asistentes ás xornadas de sensibilización e capacitación recibirán e abordarán de xeito participativo formación teórico-práctica sobre a prestación de servizos e as normas básicas de atención aos viaxeiros, boas prácticas na atención ao cliente, elementos que interveñen na experiencia turística, importancia da imaxe da contorna, do negocio e persoal ou sobre a xestión e tratamento de queixas e reclamacións.

Leer más:  El temporal deja este viernes en Galicia más de 400 incidencias

Calendario continuará no primeiro trimestre Con este obradoiro formativo, a Consellería de Cultura e Turismo continúa afondando na calidade da atención aos viaxeiros que se achegan a Galicia. Os interesados en participar poderán enviar un correo electrónico a [email protected] ou chamar ao teléfono 698 795 875. O calendario dos obradoiros continuará durante o primeiro trimestre de 2019 en diferentes concellos e xeodestinos. As datas estarán dispoñibles na web www.turismo.gal.  


- Te recomendamos -