Inicio Galicia Medio Rural destaca a alianza entre deporte e alimentación na promoción turística...

Medio Rural destaca a alianza entre deporte e alimentación na promoción turística de Galicia e dos seus produtos de calidade

0

A conselleira do Medio Rural e a directora de Turismo de Galicia participaron en Lugo no acto de posta en valor das denominacións e indicacións xeográficas e da nosa Comunidade como destino turístico no marco da Volta Ciclista a España

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, destacou hoxe a vinculación entre deporte e alimentación como aliados para a promoción turística de Galicia e dos nosos produtos agroalimentarios de calidade. A conselleira presidiu en Lugo o acto de posta en valor destas producións, amparadas por 33 selos de calidade, e da marca Galicia como destino turístico, no marco da Volta Ciclista a España, que comezará o vindeiro día 25 de agosto e que percorrera parte da nosa Comunidade ao longo de dúas etapas.Ángeles Vázquez, que estivo acompañada pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e pola directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agrolimentarias, Belén do Campo, salientou a importancia da gastronomía na proxección nacional e internacional da nosa terra. Neste contexto, lembrou ademais a gran repercusión deste acontecemento deportivo, que definiu como “escaparate incomparable” para a promoción das nosas denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas.

Leer más:  La pensión media en Galicia aumenta un 5,15% en abril, llegando a los 1.072 euros, aunque es 180 euros menor que la media nacional

A conselleira felicitou aos organizadores da Volta polo trazado escollido en Galicia e moi especialmente por contemplar tanto o litoral como o interior da nosa Comunidade no devandito percorrido. Deulles tamén os parabéns aos responsables da Asociación Provincial de Hostalería de Lugo por impulsar esta iniciativa de promoción dos produtos galegos de calidade.

Regreso a GaliciaA Volta regresa a Galicia por cuarta vez desde 2013, o que consolida á Comunidade como un dos territorios máis atractivos para o seu desenvolvemento. Neste tempo, a competición ten amosado algúns dos seus recursos e atractivos máis salientables, que foron difundidos a nivel internacional. Camiño de Santiago, natureza, cultura, enogastronomía ou termalismo son algúns dos elementos que a competición puxo en valor grazas á implicación da Xunta.

Nesta edición, A Volta transcorrerá en dúas xornadas por Galicia. Na primeira delas, o día 5 de setembro, de 207,8 km., chegará á Luintra, na Ribeira Sacra, despois de pasar por Viana do Bolo, A Pobra de Trives ou Castro Caldelas, entre outros. A seguinte etapa, de 181,1 km., partirá desde Mondoñedo e percorrerá toda A Mariña lucense e a ría de Ortigueira antes de rematar no faro de Estaca de Bares, Mañón, o punto máis setentrional da Península Ibérica.

Leer más:  En 2023, el número de personas con dependencia en Galicia baja a 111.929, lo que representa un 4,2% de la población

- Te recomendamos -