Inicio Galicia Medio Rural aposta por xestionar o potencial forestal galego desde estratexias sustentables

Medio Rural aposta por xestionar o potencial forestal galego desde estratexias sustentables

0


O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, clausurou hoxe a asemblea xeral extraordinaria que celebrou no edificio da Xunta a Asociación de Empresarios da 1ª Transformación da Madeira de Lugo. Balseiro salientou que Galicia, e concretamente a provincia de Lugo, “é unha potencia forestal e temos que saber xestionar esa oportunidade dende o punto de vista económico e social e dende estratexias sostibles”, que sexan garantía de futuro.

O delegado salientou que a Consellería do Medio Rural fixou “como unha das súas apostas estratéxicas o apoio ao potencial forestal” da comunidade, “o que implica tamén saber afrontar os retos”, engadiu o delegado. O conselleiro do Medio Rural, José González Vázquez, sumouse posteriormente á xuntanza da asociación.

Leer más:  La Xunta espera que la visita de Puente a Galicia incluya una "hoja de ruta" específica para la conexión de alta velocidad entre Vigo y Oporto

- Te recomendamos -