Inicio Galicia Ethel Vázquez salienta o impulso en 2019 dunha área única de transporte...

Ethel Vázquez salienta o impulso en 2019 dunha área única de transporte para estender os beneficios do uso das tarxetas de transporte metropolitano e Xente Nova ao conxunto de Galicia

0

Vázquez Mourelle sinala que o Plan de transporte público de Galicia, coas novas modalidades como o transporte compartido e a demanda, chegará ao longo de 2019 a toda a comunidade para proporcionar servizos máis útiles e sostibles


A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, salientou hoxe no Parlamento de Galicia que os Orzamentos do seu departamento para 2019 permitirán impulsar unha área única de transporte para estender os beneficios do uso das tarxetas de transporte metropolitano e Xente Nova ao conxunto da comunidade.

Vázquez Mourelle presentou hoxe na Comisión 3ª, de Economía, Facenda e Orzamentos os presupostos do seu departamento para o próximo exercicio, 440 M€, un 2% máis que o ano pasado. Indicou que estas contas, cun marcado selo sustentable, se dirixen a actuacións adaptadas ás novas necesidades de mobilidade e seguridade, ao cambio climático e á conservación das infraestruturas existentes.

Puxo en valor uns orzamentos deseñados tanto para a Galicia urbana como para a rural, sempre baixo o necesario criterio de reequilibrio territorial e vertebración interior da comunidade, por iso Lugo e Ourense reciben un maior investimento per cápita. Concretou que son unhas contas pensadas para que os galegos dispoñan dunha Galicia mellor comunicada e máis respectuosa co medio, onde as infraestruturas actuais sirvan no futuro.

Infraestruturas para a mobilidade e a seguridadeNo que se refire ao primeiro eixe, a conselleira fixo fincapé no fomento do transporte público colectivo, co que, entre outras accións, se completará o Plan de transporte público de Galicia, coas novas modalidades do transporte compartido e a demanda que, en 2019 levará a toda a comunidade servizos máis útiles e sostibles.

Leer más:  Puente defiende que un partido necesita "un líder, un buen equipo y proyecto": "Y esas tres cosas las tiene Besteiro"

Nese mesmo eido, subliñou unha partida de máis de 30 M€ dirixida ás estacións intermodais. Explicou que a chegada do AVE, en probas a finais do 2019, suporá un cambio nos desprazamentos en Galicia, que ten que estar preparada con nós de comunicación que favorezan o intercambio entre os distintos medios de transporte.

Xa se atopan en obras as intermodais de Santiago e Ourense e comezarán o próximo ano en Pontevedra e Vigo, prevéndose avanzar nesta lexislatura nas da Coruña, Lugo e Ferrol.

A Xunta tamén impulsará o Plan de marquesiñas, cun millón de euros, xa que se os galegos utilizan máis o transporte cómpre ter infraestruturas axeitadas para a espera, cun deseño uniforme e integrado na paisaxe.

Ethel Vázquez incidiu no cambio nos desprazamentos cotiás, con máis percorridos a pé ou en bici, o que se apoiará dende a Xunta coa continuación do Plan de sendas, que xa ten máis de 100 km en servizo ou execución e completará 170 km, reforzando a seguridade dos usuarios máis vulnerables das estradas, peóns e ciclistas.

Indicou que as contas do seu departamento tamén recollen 5M€ para a integración paisaxística dos Camiños á súa entrada en Compostela, xa que a comunidade ten que estar preparada para o Xacobeo de 2021, unha grande oportunidade de potenciar a imaxe.

Explicou que estas cifras blindan a seguridade viaria, prioridade á que se destina en 2019 partidas que suman 75 M€, coas que se intensificará a estratexia para eliminar treitos de concentración de accidentes cun investimento de 7,9 M€, un 29% máis que en 2018.

Leer más:  -Puente afirma que Sánchez es "excelente" y sospecha que Feijóo está involucrado en la estrategia de perjudicar su reputación-

Esta aposta pola seguridade viaria tamén se amosará no avance en grandes eixes de comunicación, xa que se culminará a autovía do Morrazo antes do verán e se seguirá traballando para completar a autovía da Costa da Morte, que xa ten servizo 27 km libres de peaxe entre Carballo e Baio.

Sinalou que tamén se lle dará pulo á conexión da A-52 co Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas cunha achega económica de 7,8 M€ de cara a súa posta en servizo no ano 2020.

Apuntou que se avanzará na conversión en autovía da VAP Nadela-Sarria e se impulsarán as VAP Costa Norte ou Tui-A Guarda.

Afrontar o cambio climáticoEn relación ao segundo eixe dos presupostos, a conselleira salientou que Galicia debe afrontar os desafíos do cambio climático, polo que a Xunta, aínda que o saneamento e o abastecemento son competencias municipais, está preparando o borrador de Lei de medidas de garantía do abastecemento e calidade da agua en episodios de seca e outras situacións excepcionais.

Explicou que de xeito coordinado se traballa cos Plans de seguridade de presas e protección contra inundacións; o Plan hidrolóxico Galicia-Costa; ou o Plan contra a seca, con especial atención a poboacións de maior vulnerabilidade como a contorna de Vigo.

Indicou que dentro deste contexto, cómpre culminar o saneamento das rías, que xa ten dado nos últimos anos un salto de xigante. Así, continuarase axudando a construír redes de saneamento, con 25 M€ dirixidos a este fin en Rianxo ou Ferrol, entre outros municipios. Tamén destaca a licitación e inicio de obras do novo emisario submariño e mellora da depuración da EDAR de Praceres, cunha partida de 7,6 M€.

Leer más:  Luis Lago Lage será el encargado de Organización del PSdeG, con la concejala Ana Pena de As Pontes como adjunta

Recordou que o Goberno galego seguirá colaborando nas instalacións de depuración e nesa liña achegaranse 17,9 M€ para a explotación de 28 plantas depuradoras que xestiona a Xunta.

Outro piar fundamental é a cooperación co saneamento no rural, especialmente cos municipios que dispoñen de menores recursos financeiros, ao que se adicará uns 6 M€.

Mellor conservación das infraestruturasEthel Vázquez tamén fixo especial fincapé no terceiro eixe das contas do seu departamento, que radica na mellor explotación e conservación das infraestruturas existentes. Argumentou que tan importante como executar novas obras hidráulicas, viarias ou de transporte, é manter as que temos nas mellores condicións.

Por unha parte, avanzou que nas infraestruturas hidráulicas, se traballará para facilitarlles aos concellos a xestión destas competencias, afondando nunha proposta novidosa, a creación dun instrumento que garanta unha tarifa homoxénea coa que todos os concellos paguen o mesmo polos servizos do ciclo integral da auga.

En relación ás estradas, salientou a continuación do Plan de reforzos de firme, que este ano incrementa a partida ata os 21,7 M€; ou co programa específico de seguridade e inspección nas pontes e das obras de paso, que se ampliará aos noiros.

Subliñou que nas infraestruturas do eido do transporte se aplicará o Plan Renove co fin de conservar en axeitadas condicións as estacións de autobuses.


- Te recomendamos -