Inicio Galicia Medio Rural achega case 71.000 euros ao Concello de Larouco para a...

Medio Rural achega case 71.000 euros ao Concello de Larouco para a compra dun tractor destinado a labores de prevención de incendios forestais

0

A delegada territorial, Marisol Díaz Mouteira, visitou o municipio que xa dispón desta nova maquinaria que lle facilitará o cumprimento das súas obrigas na xestión da biomasa


A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou hoxe o concello de Larouco que vén de adquirir un tractor para a roza grazas a un convenio asinado coa Consellería do Medio Rural, que será utilizado na prevención de incendios forestais neste municipio. Na adquisición desta maquinaria, este municipio tamén contou coa colaboración da Deputación de Ourense.

Segundo o convenio, Medio Rural achega 70.850 euros para a compra do tractor, mentres que a entidade local aportou outros 32.000 euros, financiados polo organismo provincial.

Na visita Díaz Mouteira estivo acompañada polo alcalde do municipio, Joaquín Prieto, e polo deputado de Cooperación da institución provincial, Pablo Pérez, quenes comprobaron que a maquinaria adquirida, un tractor e dous apeiros de roza (un de arrastre e outro de brazo), cumpren as características acordadas no convenio subscrito. A delegada territorial explicou que o obxectivo do convenio de colaboración é facilitarlle ao concello de Larouco os traballos de limpeza de matogueira no ámbito das súas competencias. Trátase de manter libre de maleza as infraestruturas rurais, as redes secundarias de faixas de xestión de biomasa e determinadas parcelas municipais.

Leer más:  Prado critica la falta de explicaciones de Sánchez sobre una cuestión grave de corrupción, y lo califica como "desaparecido"

Outras colaboracións na provinciaCo propósito de colaborar cos concellos da provincia de Ourense na prevención de incendios forestais e financiar a adquisición de maquinaria, a Consellería do Medio Rural asinou outros convenios este verán con Bande, Cartelle, Maceda, A Veiga e Xinzo de Limia, concellos seleccionados de acordo cunha serie de criterios obxectivos, entre os que figuran o seu número de entidades singulares de poboación, a súa superficie ou que teñan subscrito con Medio Rural o convenio para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante os anos 2016, 2017 e 2018.

A esta medida hai que sumar os tradicionais convenios de colaboración para a prevención e defensa contra os incendios forestais polo que as entidades locais poden subvencionar as rozas, dispor de motobombas e brigadas municipais; e o novo acordo coa Fegamp no que Medio Rural investirá máis de 28 millóns de euros ata o 2021 para poñer en marcha un sistema público de xestión da biomasa nas proximidades dos núcleos de poboación.


- Te recomendamos -