Inicio Galicia Martiño Maseda recolle en Mondoñedo o VII Premio de Poesía Leiras Pulpeiro

Martiño Maseda recolle en Mondoñedo o VII Premio de Poesía Leiras Pulpeiro

0

O seu ‘Mapa de xeografía emocional’ mereceu o máximo recoñecemento dun xurado que tamén lle outorgou o segundo premio a Alberte Momán e o terceiro a Jorge Alonso García

O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo, Valentín García, participou esta mañá na entrega do VII Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro, organizado polo Concello de Mondoñedo en colaboración coa Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.

Valentín García lembrou “a importancia que ten o xénero poético e a que tivo no seu día na reincorporación da lingua galega ao ámbito da cultura tras os séculos escuros” e insistiu “en que a poesía foi a porta para que a lingua galega alcanzase a calidade e a difusión que hoxe ten o conxunto da nosa literatura”.

Ademais de Valentín García, no acto de entrega de premios interviñeron Elena Candia López, alcaldesa de Mondoñedo; Pilar García Porto, responsable da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo; Armando Requeixo Cuba, crítico literario, investigador do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e membro do xurado, e os tres autores premiados.

Leer más:  Formoso espera que Sánchez siga y acusa al PP de rebasar todas las líneas rojas

O poeta galardoado co primeiro premio na presente edición do Manuel Leiras Pulpeiro de poesía foi o vilalbés Martiño Maseda Lozano pola obra Mapa de xeografía emocional. O segundo premio recaeu no ferrolán Alberte Momán Noval por 1(14)1 e o terceiro foille outorgado a Jorge Alonso García, nacido en Bos Aires e asentado en Vilagarcía de Arousa, por Documentos do escribinte.

O Concello de Mondoñedo anunciou que en 2019 publicará un libro cos poemas gañadores das sete edicións do certame celebradas ata o momento. 


- Te recomendamos -